Mesteres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mesteres
Autor/aArcadio López-Casanova
LinguaGalega
Xénero(s)Poesía
EditorialLindes-Cuadernos de Poesía
Data de pub.1976
editar datos en Wikidata ]

Mesteres, publicado por Lindes-Cuadernos de Poesía en Valencia en 1976 en edición bilingüe, é un libro de poemas de Arcadio-López Casanova. Conta cun estudo introdutorio de Eduardo Alonso.

Contido[editar | editar a fonte]

Seguindo a edición de 1987[1]:

Limiar[editar | editar a fonte]

II[editar | editar a fonte]

[A] (sonetos)

  • Qué anainar de anainar é o da túa vida
  • Ficar é de xionllos no quebranto
  • Ollas a terra sen ollar pois nada
  • Cai o tempo, caivanca, qué trastallada
  • Coma unha onda de vagar... O Día
  • Morrer quén morre, eisí, duro, tendido

[B] (sonetos)

  • Rende o solpor de sempre cando a herdanza
  • Fosa fose a alta Noite. Fose a fosa
  • Embaixo o corazón luz do avesío
  • Laz da Noite no laz, i Ela que chega
  • Venceu a Morte -¿Cando?- i a cadora
  • Diante dos sollos -¿un cegar?- qué queda

III[editar | editar a fonte]

CABO EN DUAS CELEBRACIÓNS[editar | editar a fonte]

  • Liturxia do corpo. "Himno". A Carme, sempre.
Mírote cos ollos que foron meus
-os da mocedá-,
ora que xa vou vello e de exilio, e a neno medro, e home séntome á porta da casa...[2]
Foi nas horas da vellez
cando regresei [3]
  • POST SCRIPTUM".
En resume, pois, i asegún apuntéi xa, as versións que agora se publican e mesmo a composición total do libro, deben supor o texto final e definitivo distes MESTERES (1968-1983)[4]

Edicións[editar | editar a fonte]

Características[editar | editar a fonte]

Mesteres foi considerado por Claudio Rodríguez Fer[6] e Basilio Losada[7] como un dos libros, xunto con Con pólvora e magnolias de X.L. Méndez Ferrín, que supoñen unha renovación na poesía galega a partir de 1976. É unha obra na que se adoptan formas especifiacamente galegas para expresar un contido existencial, que se ben é galego, transcende calquera área cultural, ademais da renovación formal da expresión poética coa que enriquece a poesía galega.[8]

O libro comeza cun limiar Mester dos mesteres en alusión ao Cantar dos cantares no que se marca a estranxeiría do poeta. Nos seis primeiros mesteres céntrase no tema do exilio, a imposibilidade vital do regreso relacionándoo coa saudade e falando do mundo rural abandonado. Na segunda parte (A e B) abundan os sonetos de temática rural influenciados polas Nenias de Iglesia Alvariño e nos que predomina o abatemento. Na terceira rotoma os mesteres da rabia da destrución con diferentes rituais fúnebres que semellan traxedias dramáticas.[9]

Segundo o Diccionario da literatura galega'[10]:

Foi considerado xunto con Méndez Ferrín e Manuel Vilanova un dos autores que marcan a fronteira entre a poesía social e a xeración dos oitenta co seu poemario Mesteres... Xa desde os seus primeiros libros se nota o interese de López-Casanova por investigar todas as posibilidades expresivas e estéticas da palabra, mesmo naqueles textos de carácter existencial, metafísico ou social, e, de feito, este interese levouno tanto ó terreo da creación como ó da investigación. As recorrencias textuais, en calquera dos graos e manifestacións posibles chámanlle poderosamente a atención. Este interese é o que o leva a emprender a técnica do collage, quer dicir, a incluír textos doutros autores nos seus propios, sendo esta unha das marcas máis claras do culturalismo que a partir de 1976 vai triunfar na poesía galega.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. López-Casanova, Arcadio (1987). Mesteres. Poesía. Deseño cuberta Xosé Díaz. Vía Láctea. ISBN 84-86531-21-7. 
  2. López-Casanova 1987, p. 81.
  3. López-Casanova 1987, p. 84.
  4. López-Casanova 1987, p. 89.
  5. "Laie Pau Claris llibreria cafè". www.laie.es. Consultado o 2022-04-12. [Ligazón morta]
  6. Rodríguez Fer, Claudio (1989). Poesía galega. Xerais. 
  7. Losada, Basilio (1983). "Liturxia do Corp". Grial (1983). 
  8. Rodríguez Fer, Claudio (xaneiro, febreiro, marzo 1978). "Mesteres, por Arcadio López-Casanova". Grial: 116–119. 
  9. Vilavedra, Dolores (Coord) (2000). Diccionario da Literatura Galega III. Obras. Ed. Galaxia. p. 308-309. ISBN 84-8288-365-8. 
  10. Vilavedra, Dolores (Coord) (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Autores. Ed. Galaxia. p. 345. ISBN 84-8288-019-5.