En 1977 publicaron o seu único libro conxunto co título Cravo Fondo, que se abre cun manifesto que amosa a vontade de superación do socialrealismo epigonal pero sen renunciar a historicidade nin caer no esteticismo. Faise fincapé na necesidade dunha poesía que comunique realmente co pobo e fálase da necesidade de facer recitais non elitistas. O manifesto remata coa consigna: "Por Galicia, pola poesía, Cravo Fondo, verba nova para unha terra ceibe".