Sobrán (San Martiño de Fóra), Vilagarcía de Arousa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°35′07.8″N 8°47′13.5″O / 42.585500, -8.787083

San Martiño de Fóra de Sobrán
Iglesia de San Martiño de Sobrán.jpg
Igrexa de San Martiño.
Concello Vilagarcía de Arousa
Poboación 1.830 hab. (2016)
Entidades de poboación 16

San Martiño de Fóra de Sobrán é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 1 830 habitantes (957 mulleres e 873 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que representa un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 1 973 veciños, e 2005, cando eran 1 957.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Martiño de Fóra de Sobrán[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Sobrán (San Martiño de Fóra) no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Aralde | Canto | Combe | Eiviño | Faxilde | Galáns | A Lagoa | Maceiras | Pedramogueira | O Piñeiro | Praga | Renza | Roilois | A Santa Mariña | Santo Antonio e Combe | Vilaxoán

Existen algunhas diferenzas entre os lugares que recolle o Nomenclátor de Galicia e os que recolle o IGE[1] das que convén deixar constancia:

  • O Nomenclátor separa os lugares de Roilois e da Santa Mariña, que o IGE considera unificados.
  • O IGE recolle o lugar de Rial, con 149 habitantes en 2016, que o Nomenclátor non cita.
  • O Nomenclátor inclúe nesta parroquia o lugar de Vilaxoán (e tamén o fai na parroquia de San Martiño de Sobrán), pero o IGE só o cita nesta segunda parroquia.
  • O Nomenclátor recolle, como dúas entidades diferentes, o lugar de Santo Antonio e Combe, e mais o lugar de Combe, pero o IGE non cita este segundo.

Parroquias de Vilagarcía de Arousa[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilagarcía de Arousa

Arealonga (Santa Baia) | Bamio (San Xens) | O Carril (Santiago) | Cea (San Pedro) | Cornazo (San Pedro) | Fontecarmoa (San Pedro) | Rubiáns (Santa María) | Sobradelo (San Salvador) | Sobrán (San Martiño de Fóra) | Sobrán (San Martiño) | Solobeira (San Fins) | Vilagarcía (Santa Baia)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Consultados o 13.03.2017.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]