Conversa:Vilagarcía de Arousa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Creo, modestamente, que a páxina de Vilagarcía de Arousa, oitava cidade de Galicia, debería cumprir varias normas básicas:

1. Ter un tono máis enciclópedico e menos subxectivo evitando expresións como "chega a ser toda unha capital" que non aporta nada, ao meu entender.

2. Ampliar os seus contidos históricos e culturais, incluíndo referencias de interese coma os petroglifos dos Ballotes ou o convento de Vista Alegre.

3. Incidir na súa importancia económica coma porto de mercadorías, terminal ferroviaria, sector do automóbil (Rubiáns), industria agroalimentaria (Larsa), lugar turístico, etc.

4. Engadir máis fotos á galería fotográfica.

5. Suliñar a relevancia das parroquias que antigamente foron concellos independentes: Carril, Rubiáns e Vilaxoán.

6. Salientar paraxes naturais coma a Illa de Cortegada, os montes Xiabre e Lobeira, a praia da Compostela, os Lombos do Ulla, etc.

Con ambición e gañas ese é o meu persoal plan de traballo. Agardo que outros tamén se animen. Saúde a tod@s.

--Elzevir Madialevo 22:08, 28 xullo 2008 (UTC)

Porto de Vilagarcía e Economía[editar a fonte]

Penso que se pode falar un pouco do porto, que é un compoñente de vital importancia para o municipio, económica e cultural. Tamén me parece que se debería abrir unha sección de economía, queríao facer, pero non consigo referencias tanxibles que ofrezan información ao respecto. Se alguén coñece do tema, e sabe dalgunha web ou fonte onde se poida obter información acerca dos sectores da economía do municipio, sería bo que colabore. Teño entendido que o sector servizos é o predominante respeccto a postos de traballo e o segundo o industrial, pero non encontrei nada respecto á rendibilidade que xeran. Zathrian12 (conversa) 12:26, 8 de abril de 2012 (UTC)

Se che valen como bibliografía, podo mandarche os artigos homónimo da EGU e da GEG, empregando a opción "Enviar un correo electrónico a este usuario" da wiki. --. HombreDHojalata.conversa 18:19, 8 de abril de 2012 (UTC)
Grazas,serían de moita utilidade. O que non podo, é acceder ao link que me deixas para enviarche o correo. Zathrian12 (conversa) 04:37, 9 de abril de 2012 (UTC)
Non, non. Refírome a que cho mando eu, empregando esa opción. Porén o sistema non me deixa porque no rexistro non meteches dirección de correo. Tes que ir a As miñas preferencias - Información do usuario - Opcións de correo electrónico - Correo electrónico (Cambiar o correo electrónico) e meter a túa dirección, confirmando metendo a contrasinal da túa conta de usuario na Galipedia. Non te preocupes que esa dirección vai ser invisible para os demais. Soamente serve para que outros usuarios da Wikipedia che poidan mandar correos empregando a función. --. HombreDHojalata.conversa 07:11, 9 de abril de 2012 (UTC)
OK Enviados. --. HombreDHojalata.conversa 12:09, 14 de abril de 2012 (UTC)

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 19 de setembro de 2019 ás 07:05 (UTC)[responder]