Concello do Carril
O Concello do Carril existiu formalmente como concello de seu de 1812 a 1913, cando se integrou no de Vilagarcía de Arousa.
Constiuíuse en 1812 xunto cos de Rubiáns, Sobrán e Vilagarcía, que se reduciron a tres coa reforma de 1835: Vilagarcía, Vilaxoán e O Carril. O 1 de marzo de 1913 produciuse a fusión dos tres nun único concello baixo o nome de Vilagarcía de Arousa, con Valeriano Deza como único alcalde.