Ingrid Thulin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (sv) Ingrid Lilian Thulin 27 de xaneiro de 1926 Sollefteå, Suecia (pt) |
Morte | 7 de xaneiro de 2004 (77 anos) Estocolmo, Suecia |
Causa da morte | cancro |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suecia |
Actividade | |
Ocupación | actriz , directora de cinema , actriz de cinema , realizadora , guionista |
Período de actividade | 1948 - 1990 |
Lingua | Lingua sueca |
Participou en | |
1978 | 1978 Cannes Film Festival (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Harry Schein (1956–1989) Claes Sylwander (1951–1956) |
Premios
| |
Páxina web | ingridthulin.se |
|
Ingrid Thulin, nada en Sollefteå (Ångermanland) o 27 de xaneiro de 1926 e finada en Estocolmo o 7 de xaneiro de 2004, foi unha actriz sueca e unha das preferidas do realizador cinematográfico Ingmar Bergman.
Biografía
[editar | editar a fonte]Foi bailarina na súa mocidade, e ingresou no Teatro dramático Real de Estocolmo en 1948. Traballou durante décadas co director Ingmar Bergman, co que desenvolveu o seu peculiar estilo, no que acentuaba unha peculiar intensidade neurótica, en filmes como Amorodos salvaxes (1957), No umbral da vida (1958), pola que sería premiada en Cannes, nese ano, como a mellor actriz do certame, O silencio (1963) ou Gritos e murmurios (1972). Chegaría a ser apreciada como a terceira gran actriz sueca despois de Greta Garbo e Ingrid Bergman.
Estivo casada con Harry Schein, fundador do Instituto Sueco do Filme, máis de 30 anos, ata 1989, aínda que en realidade viviron moitos anos separados antes de divorciarse.
Nos últimos anos viviu en Roma. Volveu a Suecia para tratarse dun cáncer, falecendo en Estocolmo.