Småland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 57°06′04″N 14°53′53″L / 57.10111, -14.89806

Localización da antiga provincia (landskap) de Småland.

Småland ou Smolandia é unha provincia histórica ou comarca (landskap) do sueste de Suecia.

É coñecida por ser a provincia onde naceu Linneo e onde se creou IKEA, que naceu como un pequeno almacén.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A súa superficie era de 29 400 km² e a súa poboación estimábase en 708 896 persoas en 2004.

Os seus solos son moi pouco fértiles e por iso os seus habitantes teñen que facer duros esforzos para cultivaren a terra.

Limitaba coas antigas provincias de Blekinge, Escania, Halland, Vestrogotia, Ostrogotia e co mar Báltico.

Na actualidade o seu territorio está repartido entre os condados de Jönköping, Kalmar e Kronoberg.[1][2][3]

Principais cidades[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]

Mapa de Småland na Era Viquinga.

Existen vestixios de poboamento da rexión desde o ano 6000 a.C.

Na época dos viquingos e no comezo da Idade Media, a futura provincia histórica da Småland estaba constituída por unhas 10 "pequenas terras" autónomas (små land), unha especie de pequenas provincias históricas antigas (folkland), localizadas nesta área situada entre os territorios dos Gautas e os territorios de Dinamarca.

Obxecto de numerosas disputas militares entre gotas e daneses, e máis tarde entre suecos e daneses, Småland acabou por ser formalmente identificada como parte de Suecia contra o século XI, tal como se menciona nun primeiro tratado asinado polo rei sueco Emundo, o Vello e polo rei de Dinamarca.

No século XVI foi asolada a casa por dunhaa rebelión campesina contra o rei Gustavo Vasa –a Dackefejden– con caracteres dunha auténtica guerra civil.

No século XIX a pobreza da rexión levou á emigración de 200.000 persoas para os Estados Unidos.[3][4][5][6]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wahlberg, Mats (2003). Svenskt ortnamnslexikon (Dicionario dos nomes das localidades suecas) Småland. Uppsala: Språk- och folkminnesinstitutet e Institutionen för nordiska språk vid Uppsala universitet (en sueco). p. 294. ISBN 91-7229-020-X. 
  2. Britt-Marie Hammarskiöld; et al. "Småland". Nationalencyklopedin (Enciclopedia Nacional Sueca) (en sueco). Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 Örjan Martinsson. "Småland". Tacitus.nu (en sueco). Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  4. Klas-Göran Selinge. "Småland - Förhistoria". Nationalencyklopedin (Enciclopedia Nacional Sueca) (en sueco). Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  5. Lars-Olof Larsson. "Småland - Historia". Nationalencyklopedin (Enciclopedia Nacional Sueca) (en sueco). Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  6. Bo Beckman. "Smålands historia". Sjöhester (en sueco). Consultado o 3 de novembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]