Oswiu de Northumbria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOswiu de Northumbria
Nome orixinal(en) Oswiu Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento612 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Morte15 de febreiro de 670 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Lugar de sepulturaAbadía de Whitby Editar o valor em Wikidata
Rei de Northumbria
655 – 670 – Ecgfrith de Northumbria →
Rei de Deira
655 – 655
← Aethelwald de DeiraAlchfrith de Deira →
Rei de Deira
654 (Gregoriano) – 670 (Gregoriano)
← Aethelwald de DeiraAlchfrith de Deira →
Rei de Bernicia
5 de agosto de 642 – 670
← Oswald de BerniciaEcgfrith de Northumbria →
Rei de Deira
642 (Gregoriano) – 644 (Gregoriano)
← Oswald de BerniciaOswine de Deira → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaLeodwaldings (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeEanfleda de Deira
Rhiainfellt
ParellaFín (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAldfrith de Northumbria
 () Fín (en) Traducir
Alfleda
 () Eanfleda de Deira
Ostrida (pt) Traducir
 () Eanfleda de Deira
Ecgfrith de Northumbria
 () Eanfleda de Deira
Alchfrith de Deira
 ()
Aelfwine de Deira
 () Eanfleda de Deira
Alhflæd (pt) Traducir
 () Editar o valor em Wikidata
PaisÆthelfrith de Northumbria Editar o valor em Wikidata  e Acha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsEbe de Coldingham (pt) Traducir, Oswald de Bernicia e Eanfrith de Bernicia Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Of_Northumbria-45

Oswiu, nado c. 612 e finado o 15 de febreiro de 670, escrito tamén Oswio, Oswy, Oswig e Osuiu, foi rei de Bernicia desde 642 até a súa morte e monarca de feito de toda Northumbria desde 655. Oswiu foi o último rei dos que Beda mencionou que tiñan imperium, e a finais do século IX a Crónica Anglosaxoa refírese a Oswiu como Bretwalda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Principios do seu reinado[editar | editar a fonte]

Oswiu foi fillo de Æthelfrith e irmán de Oswald, a quen seguiu no trono de Bernicia en 642 despois da Batalla de Maserfield, na cal Oswald morreu; con todo Oswine, un parente de Edwin, converteuse en rei de Deira, o outro dos dous reinos que conformaban Northumbria. Maserfield e as súas consecuencias deixaron a Oswiu nunha posición moito máis vulnerábel que o seu irmán, xa que que Oswald fora o rei máis poderoso de toda Britania, a principios do seu reino, Oswiu enfrontábase á dominación de Penda de Mercia, quen derrotara a Oswald. Beda conta que Oswiu recobrou os restos de Oswald, que fora mutilado despois da súa morte, no ano seguinte á batalla de Maserfield.

Oswiu conseguiu subxugar con éxito a varias tribos británicas, pictas e escocesas. En Gilling en 651, planeou o asasinato de Oswine e anos despois logrou tomar posesión de Deira, conseguindo unir unha vez máis a Bernicia e Deira no reino de Northumbria. Desde aí en diante, Deira só sería un subreino de Northumbria, cando fixo rei a sei fillo Alchfrith.[1]

Oswiu pareceu consolidar o seu poder coa axuda da Igrexa Romana e baixo unhas series de matrimonios e alianzas xudiciais. Foi probabelmente en 642 cando casou con Eanfleda, filla de Edwin, unindo así as dúas dinastías rivais de Northumbria. A súa filla Alchfleda casou con Peada, fillo de Penda, o rei de Mercia; outra filla, Osthryth, converteuse na esposa de Æthelred, o terceiro fillo de Penda. Oswiu foi maioritariamente responsábel de haber reconvertido o Reino de Essex ao cristianismo. Dise que el convencera ao rei, Sigeberht II, da verdade do cristianismo, e á súa petición mandou a Cedd, irmán de Chad de Mercia (san Chad), nunha misión cara ao reino de Essex.

Rei supremo de Britania[editar | editar a fonte]

Mapa c. 600, móstrase os reinos da época, incluíndo a Bernicia, Deira, e Northumbria.

Nos anos seguintes á batalla de Maserfield, Oswiu continuou enfrontándose contra Penda, cuxos ataques en Bernicia son mencionados por Beda; nunha ocasión, tratou de capturar a cidade real de Bamburg pero fracasou. En 655, Penda levou un exército composto de "trinta lexións" (incluíndo aos reis de Anglia Oriental e Gwynedd) en contra de Bernicia; Penda tamén foi axudado por Æthelwald de Deira, o fillo de Oswald quen se converteu no rei de Deira despois do asasinato de Oswine en 651. Oswiu foi aparentemente forzado a retirase ao norte do seu reino e foi encerrado nun lugar chamado Iudeu, o cal é xeralmente identificado como Stirling; tivo que darlle a Penda unha gran suma de tesouros, pero existen versións contraditorias sobre se Penda aceptou a oferta ou non. Aparentemente Oswiu tamén tivo que entregar o seu fillo Ecgfrith como refén. Os eventos que seguiron non son moi claros, pero culminaron nunha batalla decisiva o 15 de novembro, na

cal Oswiu derrotou e deu morte a Penda na Batalla de Winwaed.

A batalla de Winwaed cambiou definitivamente o equilibrio de poder en Britania. O poder de Mercia foi destruído, e Mercia mesma foi dividida en dúas partes, a parte do sur foi outorgada ao fillo de Penda, Peada, quen casou coa filla de Oswiu, mentres que Oswiu tomou control da parte norte do reino. Oswiu foi desde este momento o rei máis poderoso de Britania. Como mostra de agradecemento dedicou a súa filla Rifled á Igrexa, e fundou o mosteiro ou abadía de Whitby. Ao redor deste tempo pénsase que obtivo algúns terreos no reino dos Pictos, por medio do rei Talorcan, o fillo do seu irmán Eanfrith.

Tras a morte de Peada en 656 Oswiu tomou control de toda Mercia, pero foi destronado deste reino en 658 por unha revolta baixo o liderado de Wulfhere de Mercia, un irmán máis novo de Peada. Aínda así continuou sendo o rei máis poderoso e influente en Britania neses tempos.[2]

En 660 Oswiu casou ao seu fillo Ecgfrid con Eteldreda, filla do rei de Anglia Oriental, Anna. En 664 no sínodo de Whitby, Oswiu aceptou os usos da Igrexa católica, o cal levou ao despedimento de Colman de Lindisfarne e ao nomeamento de Wilfrido como bispo de York. Oswiu morreu en 670 e Ecgfrith subiu ao trono.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Yorke (1990), p. 79
  2. Yorke (1990), p. 105
  3. Yorke (1990), p.82

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]