Ecgfrith de Northumbria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ecgfrith de Northumbria
Nacementovalor descoñecido e 646
Falecemento20 de maio de 685
 Batalla de Dunnichen
NacionalidadeReino de Northumbria
EtniaAnglos
Ocupaciónmonarca
PaiOswiu de Northumbria
NaiEanfleda de Deira
CónxuxeAethelthryth
IrmánsOsthryth, Alfleda, Aldfrith de Northumbria, Alchfrith de Deira e Aelfwine de Deira
editar datos en Wikidata ]

Ecgfrith, nado c. 645 e finado o 20 de maio de 685, foi Rei de Northumbria desde o ano 670 até a súa morte. Gobernou Northumbria cando estivo no seu apoxeo, pero o seu reino terminou cunha desastrosa derrota na cal perdeu a vida.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ecgfrith foi fillo do seu predecesor como rei, Oswiu de Northumbria. Beda cóntanos na súa Historia Eclesiástica da Xente Inglesa, que Ecgfrith foi tomado como refén "na corte da raíña Cynwise na provincia dos mercios" nos tempos da invasión de Northumbria por Penda de Mercia no ano 654 ou 655. Penda, con todo, foi derrotado e morreu na Batalla de Winwaed, a mans dos northumbreses ao comando de Oswiu, unha vitoria que expandiu considerablemente o poder e territorio de Northumbria.

Ecgfrith foi nomeado Rei de Deira, un subreino de Northumbria, en 664, e converteuse en rei de Northumbria despois da morte do seu pai o 15 de febreiro de 670. casou con Eteldreda de Ely, filla de Ana de Anglia Oriental, en 660; con todo, ela elixiu o hábito pouco despois de que Ecgfrith ascendese ao trono, algo que posiblemente ocasionou o longo conflito con Wilfrido, o Arcebispo de York. Ecgfrith casou por segunda vez con Eormenburga, antes de 678, o ano no que expulsou a Wilfrido do seu reino.

A principios do seu reino derrotou aos Pictos, os cales se alzaron en armas, e crearan o subreino de Lothian. En 674, Ecgfrith derrotou a Wulfhere de Mercia e capturou o Reino de Lindsey. En 679, loitou contra Mercia que estaba baixo liderado de Aethelred (o cal casou con Osthryth, a irmá de Ecgfrith) no río Trent. Aelfwine, o irmán de Ecgfrith, morreu en combate, e a provincia de Lindsey foi cedida cando a paz foi restaurada por intercesión de Teodoro de Tarso.

En 684, Ecgfrith mandou unha expedición a Irlanda a cargo do xeneral Berht, a cal parece que non foi exitosa, xa que ningún terreo irlandés foi conquistado polos anglosaxóns. Pero a expedición foi exitosa no sentido de que os homes de Ecgfrith puideron saquear aldeas levando escravos e tesouros de regreso a casa. En 685, en contra das advertencias de Cuthberht de Lindisfarne, dirixiu un escuadrón en contra dos pictos, os cales eran dirixidos polo seu primo Bruide mac Bili, e foi enganado nunha retirada falsa a cal os levou até unha trampa onde o seu réxime foi sorprendido, e na cal morreu. Esta confrontación, coñecida como Batalla de Nechtansmere, debilitou o control de Northumbria no norte, e Beda marca este punto como o principio do declive de Northumbria. Foi remplazado polo seu irmán ilexítimo, Ealdfrith.

Ecgfrith parece ser o primeiro rei de Northumbria, e así mesmo, o primeiro rei anglosaxón, en instituír o penique de prata, o cal se convertería na moeda basee de Inglaterra por varios séculos. Existiron moedas anglosaxoas antes, pero estas foron raras de atopar, a máis común foi o xilin de ouro, ou "thrymsas", copiadas de modelos romanos. Os peniques, ou "sceattas", foron grosos, feitos en moldes, posiblemente copiados de moedas merovinxias, e foron repartidas a grande escala.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]