Eowils e Halfdan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eowils e Halfdan
Falecemento5 de agosto de 910
 Battle of Tettenhall
editar datos en Wikidata ]

Eowils e Halfdan (nórdico antigo: Ásl ou Auðgísl / Hálfdan), finados en 910, foron dous caudillos viquingos que gobernaron posibelmente en diarquía parte do reino de Northumbria, Inglaterra[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É probábel que Ingwær (Ingvar), un terceiro caudillo, gobernase tamén unha parte do reino tras a morte de Æthelwald de Wessex en mans de Eduardo o Vello en 902, como se cita no Chronicon do cronista Æthelweard onde se menciona a un terceiro monarca [Ingvar] entre outros moitos nobres caudillos[2].

Gobernaron o que sería o xerme do reino viquingo de York durante oito anos. O incremento da presenza viquinga en York fíxose insustentábel tras a chegada de refuxiados desde o reino de Dublín que foron expulsados en 902[3]. A pesar das negociacións e tratados do ano 906, os viquingos comezaron unha campaña de fustrigación e incursións nas costas de Wessex en 909 e enfrontáronse ao rei de Inglaterra na batalla de Tettenhall onde foron derrotados e os seus corpos abandonados no campo de batalla o 5 de agosto de 910[4].

Outro viquingo, Ragnall ua Ímair da poderosa dinastía hiberno-nórdica Uí Ímair ocuparía non moito máis tarde o trono de Jórvik, aproveitando o baleiro de poder e as constantes loitas fronteirizas entre o reino de Mercia e o reino de Wessex, aliados ocasionais fronte aos invasores daneses.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Downham, Clare (2007). Viking Kings of Britain and Ireland: The Dynasty of Ívarr to A.D. 1014. Edinburgh: Dunedin. ISBN 978-1906716066. OCLC 163618313.  p. 87
  2. Forte, Oram, and Pedersen (2005), Viking Empires, ISBN 0-521-82992-5 Cap. III p. 78.
  3. David Hughes, The British Chronicles, Vol. 1, Heritage Books, 2007, ISBN 0788444905 p. 280.
  4. Crónica anglosaxoa, entrada para o ano 910

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]