Sitric II de Northumbria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sitric II de Northumbria
PaiSitric Cáech
editar datos en Wikidata ]

Sitric II foi rei no século décimo da Northumbria conquistada polos viquingos, chamada Jorvik. A única proba da súa existencia son algunhas moedas que se descubriron e que datan de sobre 942.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sábese que existiu por un puñado de moedas cuñadas en York, coa inscrición SITRIC CVNVNC ("rei Sitric"). Están datadas no ano 942 e teñen semellanzas de estilo coas acuñadas polo reinado de Olaf Cuaran e Ragnall Guthfrithson, que reinaron en Northumbria na década dos 940[1]. Hai dous tipos destas moedas: en primeiro lugar hai unha pequena cruz en cada rostro e no segundo tipo, hai unha triquetra (ou un nó de tres follas) dun lado e un triángulo sobre o outro[2]. Na bibliografía do período non é mencionado un rei chamado Sitric.[3] Olaf Guthfrithsson gobernou Northumbria de 939 ata a súa morte en 941. Downham suxeriu que entre a morte de Olaf e a chegada de Ragnall a York, quizais nos últimos meses do 943, Northumbria estaba a ser gobernada conxuntamente por Sitric e Olaf Cuaran[4]. Nos libros de numismática Sitric é chamado ás veces "Sitric Sitricsson" e identificado como un irmán de Olaf Cuarán e o fillo de Sitric Cáech, pero esta é só unha suposición[1][5]: Non hai que confundir este Sitric co rei do mesmo nome, que foi rei de Dublín, mencionado nos Anais dos catro mestres o 941. Segundo Downham este individuo "parece que en vez de ser unha invención poética en vez dun rei histórico"[6]. Sitric tamén foi identificado provisionalmente cun home chamado igual, que desembarcou en Normandía, en 942 e foi derrotado por Luís IV de Francia.[7][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Skingley 2014, p. 119.
  2. Grierson & Blackburn 1986, p. 324.
  3. Gooch 2012, p. 100.
  4. Downham 2007, p. 111.
  5. 5,0 5,1 Lake 2011, p. 411.
  6. Downham 2007, p. 111 n.24.
  7. Lake 2013, p. 124.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]