Cearl de Mercia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | I milenio |
Morte | século VII |
Rei de Mercia | |
626 ← Pybba de Mercia – Penda → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Período de actividade | (Con vida en: século VII ) |
Familia | |
Fillos | Cwenburh (en) |
Pai | Creoda de Mercia |
Cearl (ou Ceorl) foi un primitivo rei de Mercia que gobernou a comezos do século VII, até aproximadamente 626[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É o primeiro de Mercia mencionado por Beda na súa Historia ecclesiastica gentis Anglorum. Beda era un monxe northumbrio hostil a Mercia, e o historiador Robin Fleming especula que, como "ceorl" significa "rústico" en anglosaxón, o seu nome pode ser un chiste [2].
A ascendencia de Cearl é descoñecida. Non aparece na xenealoxía real de Mercia; Henrique de Huntingdon no século XII sitúa o seu goberno xusto despois do de Pybba, dicindo que non era o seu fillo, senón un parente[3][4].
Beda (2.14) menciónao só de pasada, como o sogro de Edwin de Deira. Segundo Beda, Edwin casou con Cwenburh (Quenberga), filla de "Cearl, rei dos Mercianos" mentres estaba no exilio, e con el tivo dous fillos, Osfrith e Eadfrith[5]. Os historiadores sinalaron este matrimonio como proba da independencia de Cearl respecto do entón rei de Northumbria Aethelfrith, xa que por aquel entón, Edwin era o seu rival e Cearl non casaría a súa filla cun inimigo do seu señor[6]. A Historia Brittonum acredita a Penda como o primeiro monarca en separar Mercia de Northumbria, pero se Cearl foi capaz de facer este matrimonio, é probábel que non estivese suxeito ao poder de Northumbria, desenvolvéndose esta dependencia en datas posteriores. O historiador D. P. Kirby especula que quizais Cearl contou coa protección do poderoso rei de Anglia Oriental, Raedwald, e que o posterior exilio de Edwin entre os Anglos Orientais puido ser polo crecente poder de Aethelfrith[7].
Suxeriuse que a liñaxe de Cearl sufriu un desastre entre a Batalla de Chester ao redor de 616 e a emerxencia do seu sucesor, Penda, fillo de Pybba. De feito, é posíbel que Cearl estivese implicado naquel conflito, que puido pór fin ao seu dominio en Mercia[8].
Descoñécese se Cearl reinou ata que Penda se converteu en rei. Penda estaba no poder en 633 (e posibelmente en 626, se a Crónica anglosaxoa é correcta). Tamén é descoñecida a relación entre Cearl e Penda, se é que a houbo. Que Cearl casase á súa filla con Edwin ben podería significar que el e Penda eran rivais, xa que Penda se enfrontou e derrotou posteriormente a Edwin en Hatfield Chase, co apoio de Cadwallon de Gwynedd[9].
Outra proba de rivalidade dinástica entre Cearl e Penda en Penda sería a execución posterior (segundo Beda) de Eadfrith, fillo de Edwin e neto de Cearl. A pesar de que descoñecemos os motivos de Penda, o asasinato de Eadfrith é a miúdo visto como o resultado de presión de Oswald, para o que Eadfrith representaba unha ameaza; tamén é posíbel que Penda considerase que a liñaxe de Eadfrith o fixese inadecuado para usalo como monicreque contra Oswald, xa que podería ameazar a súa propia posición pola súa descendencia de Cearl[10].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mercia: An Anglo-Saxon Kingdom In Europe. Continuum International Publishing Group. ISBN 978-0-8264-7765-1.
- ↑ Britain after Rome: The Fall and the Rise, 400 to 1070. Penguin Books. 2011. ISBN 978-0-140-14823-7.
- ↑ Anglo-Saxon Chronicle, under the year 626, in which Penda's ancestry is listed.
- ↑ Henry of Huntingdon, Historia Anglorum, translated by Diana Greenway (1997), Book II, chapter 27 (page 111).
- ↑ Bede, Ecclesiastical History of the English People, Book II, Chapter XIV. Arquivado 13 de maio de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ Nicholas Brooks, "The Formation of the Mercian Kingdom", in S. Bassett, The Origins of Anglo-Saxon Kingdoms (1989), page 166; Frank Stenton, Anglo-Saxon England (1943), third edition (1971), reissued paperback ([[:en:Oxford University Press|Oxford University Press]], 1998), pages 38–39; see also N.J. Higham, An English empire: Bede and the early Anglo-Saxon kings (1995), pp. 143–151.
- ↑ D. P. Kirby, The Earliest English Kings (1991), revised edition (2000), pages 55 and 61.
- ↑ Higham, N. J., King Cearl, the Battle of Chester and the origins of the Mercian "Overkingship" Midland History (1992), pages 1-15
- ↑ Ann Williams, Alfred P. Smyth, and D. P. Kirby, A Biographical Dictionary of Dark Age Britain (1991), page 74.
- ↑ Michelle Ziegler, "The Politics of Exile in Early Northumbriaarquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2015