Oswulf de Northumbria
Oswulf de Northumbria | |
---|---|
Nacemento | século VIII |
Falecemento | 24 de xullo de 759 |
Lugar de falecemento | valor descoñecido |
Etnia | Anglos |
Ocupación | monarca |
Pai | Eadberht de Northumbria |
Fillos | Aelfwald I de Northumbria e Osgifu |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Oswulf, finado o 24 de xullo de 759, foi rei de Northumbria de 758 a 759. Sucedeu a o seu pai Eadberht, que abdicara e ingresara no mosteiro en York. Oswulf era sobriño de Ecgberht, Arcebispo de York.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A pesar do longo reinado de seu pai, e do seu poderoso tío, Oswulf non aguantou o trono moito tempo. Foi asasinado ao cabo dun ano, por membros da súa casa, os seus criados ou gardacostas, en Market Weighton, o 24 de xullo de 759.
Consta a morte do irmán de Oswulf, Oswine, en "Eldunum preto de Mailros" (hoxe Eildon Hill) en agosto de 761, en batalla contra Aethelwald Moll, quen ocupara o trono á morte de Oswulf.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton, 1993. ISBN 0-86299-730-5
- Marsden, J., Northanhymbre Saga: The History of the Anglo-Saxon Kings of Northumbria. Londres: Cathie, 1992. ISBN 1-85626-055-0