Alfleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfleda
Whitby Abbey image.jpg
Nacementoc. 654
 Reino de Northumbria
Falecemento713 e 714
 Abadía de Whitby
SoterradaAbadía de Whitby
NacionalidadeReino de Northumbria
Ocupaciónmonxa
PaiOswiu de Northumbria
NaiEanfleda de Deira
IrmánsOsthryth, Aelfwine de Deira, Ecgfrith de Northumbria, Alchfrith de Deira e Aldfrith de Northumbria
editar datos en Wikidata ]

Alfleda (en inglés: Ælfflæd) (naceu no 654, e morreu c. 714) era filla de Oswiu, rei de Northumbria, e de Eanfleda. Descendía por tanto de dúas casas reais: Bernicia e Deira. Por parte do seu pai era neta do rei Etelfrido, e por parte da súa nai do rei Edwin de Northumbria. Alfleda foi consagrada á relixión desde pequena, por mor dun voto feito polo seu pai[1], e viviu na abadía de Whitby toda a súa vida, converténdose finalmente en abadesa do mosteiro.

Vida[editar | editar a fonte]

Alfleda viviu case toda a súa vida en mosteiros. Era bastante común no século XII que as mulleres de familias reais se convertesen en monxas; mesmo ás veces as raíñas facíano ao enviuvar, como o fixo a súa nai Eanfleda. O caso de Alfleda é excepcional por ingresar ao mosteiro a unha idade moi temperá, cando aínda non tiña un ano de idade, segundo conta Bede.

Cando Alfleda contaba apenas un ano, o seu pai viuse obrigado a se enfrontar ao poderoso Penda de Mercia que reunira un potente exército para atacar Northumbria. Os numerosos intentos de Oswiu de convencelo por medios diplomáticos e subornos fracasaron, e deu comezo unha guerra na que, contra toda expectativa, a vitoria sorriu aos northumbrianos. Agradecido pola vitoria, Oswiu fundou doce mosteiros e entregou a súa filla a Hilda de Whitby, parente materna da nena, para que fose educada na abadía de Hartlepool. Cando, pouco despois, Hilda abandonou Hartlepool para fundar a abadía de Whitby, levou a Alfleda canda ela.

Á morte de Hilda en 680, a viúva de Oswiu, Eanfleda, maila súa filla Alfleda exerceron como abadesas conxuntas até a morte de Enfleda a finais da década. Eanfleda converteríase entón en abadesa de Whitby até a súa morte no 714. Naquela época, a igrexa de Northumbria era unha institución rica e poderosa, e Alfleda puido relacionarse con algunhas das figuras máis destacadas do seu tempo.

Como membro da familia real northumbriana, Alfleda interveu ocasionalmente na vida política do reino. Segundo a Vida de San Cuthbert, Alfleda estaba preocupada pola cuestión sucesoria durante o reinado do seu irmán Egfrith, xa que este non tiña herdeiros directos e isto podería crear desordes e loitas no reino, polo que convocou o santo para falar do tema. O propio Cuthbert, lémbralle a Alfleda a existencia dun medio irmán, Aldfrido, que por aquel entón se atopaba vivindo en Iona, no reino de Dal Riata. Aldfrith será coroado á morta de Egfrido, que faleceu en guerra contra os pictos.

Trala morte de Aldfrido en 705 reavívase o problema sucesorio, xa que o fillo de Aldfrith, Osred, contaba a penas 8 anos por aquel entón e Edwulfo, ocupou o trono de Northumbria. Finalmente, e grazas á intervención de Wilfrid, arcebispo de Iork, ao que Alfleda apoiou, púidose chegar a un acordo que mantivo a paz no reino e a Osred no trono. Alfleda continuaría sendo unha figura política importante até a súa morte en 714.

Á súa morte foi considerada santa, celebrándose a súa festividade o 8 de febreiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. de san Nicolás, Fray Pablo (1776). Siglos geronymianos: historia eclesiastica y monastica: parte octava. Imprenta de Bernardo Peralta. p. 393. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]