Beorhtwulf de Mercia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Beorhtwulf de Mercia

Rei de Mercia

Información persoal
Reinado

840 – 852

Predecesor

Wiglaf

Sucesor

Burgred

Familia
Casa real

Casa de Mercia

Consorte

Sæthryth

[editar datos en Wikidata]

Beorhtwulf (que significa "lobo brillante"; tamén escrito como Berhtwulf), finado en 852, foi rei de Mercia, un reino parte da Inglaterra anglosaxoa, desde o 839 ou 840 até 852.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Descoñécense os seus devanceiros, aínda que podería estar emparentado con Beornwulf, quen gobernou Mercia na década do 820.

Wiglaf o predecesor de Beorhtwulf case non cuñou moedas, pero Beorhtwulf comezou a acuñar moedas de Mercia ao pouco tempo de comezar o seu reinado, inicialmente moi similares ás moedas de Æthelwulf de Wessex, e posteriormente con deseños diferentes. Os viquingos atacaron ao cabo dun ou dous anos de que Beorhtwulf fose coroado: a provincia de Lindsey foi arrasada no 841, e Londres, un centro clave do comercio de Mercia foi atacado ao ano seguinte. Outro ataque viquingo sobre Londres que sucedeu no 851 "fixo que Beorhtwulf debese fuxir", segundo relata a Crónica anglosaxoa; posteriormente os viquingos foron derrotados por Æthelwulf. Esta campaña viquinga parece que tivo un importante efecto sobre a economía de Mercia, xa que o volume de moeda acuñada en Londres reduciuse moito logo do 851.

Parece que o control de Berkshire pasou de Mercia a mans do reino de Saxonia Occidental durante o reinado de Beorhtwulf. Existen rexistros dunha rebelión dos galeses contra o sucesor de Beorhtwulf, Burgred, pouco tempo despois do falecemento de Beorhtwulf, o que indicaría que Beorhtwulf fora o seu señor. As cartas do reinado de Beorthwulf indican que tivo unha relación tensa coa igrexa, xa que Beorhtwulf lles quitou terras e posteriormente llas devolveu.

Parece que Beorhtwulf e a súa esposa, Sæthryth, tiveron dous fillos, Beorhtfrith e Beorhtric. Sábese que Beorhtric foi testemuña das cartas emitidas polo seu pai, aínda que antes de que finalizase o reinado de Beorhtwulf xa non aparece como testemuña. Beorhtfrith aparece en rexistros posteriores que describen o asasinato de Wigstan, o neto de Wiglaf, nunha pelexa sobre o plan de Beorhtfrith de contraer matrimonio con Ælfflæd a nai viúva de Wiglaf.Non existe rexistro ningún dispoñíbel que indique a morte de Beorhtwulf, pero crese que faleceu no 852.

Antecedentes e fontes[editar | editar a fonte]

Os reinos de Bretaña a comezos do século IX.

Durante gran parte do século VIII, Mercia foi o reino anglosaxón dominante[1]. A influencia de Mercia nos reinos do sueste de Kent, East Anglia, e Essex continuou até comezos da década do 820 baixo Coenwulf de Mercia[2]. Con todo, a morte de Coenwulf no 821 marcou o comezo dun período durante o cal Mercia sufriu conflitos dinásticos e derrotas militares que redefiniron o mapa político de Inglaterra[3]. Catro (posibelmente cinco) reis, do que parecen ser catro diferentes familias ou grupos, gobernaron Mercia ao longo dos seguintes seis anos. Moi pouca información xenealóxica chegou até os nosos días sobre estes reis, pero dado que os nomes anglosaxóns a miúdo inclúen elementos comúns iniciais de todos ou case todos os membros dunha familia, os historiadores suxeriron que os grupos familiares deste período poden ser reconstruídos a partir da similitude dos seus nomes. Pódense recoñecer tres familias competidores nas cartas e listas reais desta época: os grupos C, Wig e B.

O grupo C, que incluíu aos irmáns Coenwulf, Cuthred de Kent, e Ceolwulf I, dominou durante o período posterior ás mortes de Offa de Mercia e o seu fillo Ecgfrith en 796. Ceolwulf foi deposto no 823 por Beornwulf, talvez o primeiro do grupo B, quen morreu pelexando contra Anglia Oriental en 826. Foi sucedido por Ludeca, o cal se descoñece a cal do tres grupos pertencía, quen morreu en batalla ao ano seguinte. Logo da morte de Ludeca, o primeiro membro da familia Wig toma o poder: Wiglaf, quen faleceu no 839 ou 840.

Beorhtwulf, que ascende ao trono ese ano, é probábel que proviñese do grupo B, que tamén podería incluír a Beornred quen "retivo o poder por pouco tempo" logo do asasinato do rei Æthelbald en 757[4].

Un modelo alternativo de sucesión en Mercia consiste en que varios grupos familiares poderían competir pola sucesión. Os subreinos de Hwicce, Tomsæche, e Gaini son exemplos de ditas bases de poder. Tamén é posíbel que as alianzas mediante matrimonios desempeñen un papel. Caudillos tales como os denominados "dux" ou "princeps" nas cartas (ou sexa líderes), poderían axudar aos reis a facerse co poder. Segundo este modelo os reis de Mercia son pouco máis que nobres destacados[5].

Unha fonte importante deste período é a Crónica Anglosaxoa, unha colección de anais en inglés antigo que narra a historia dos anglosaxóns. Con todo, a Crónica foi unha produción de Wessex, e ás veces considérase que se atopa nesgada en favor de Wessex[6]. Sobreviviron cartas do reinado de Beorhtwulf; estes eran documentos que outorgaban terras a seguidores ou a homes da igrexa e testificaban nelas os reis que tiñan a autoridade de ceder a terra.[7][8] Unha carta pode rexistrar os nomes dun vasallo do rei e o seu señor na lista de testemuñas anexada á cesión. Un exemplo das listas de testemuñas obsérvase no Ismere Diploma, onde Æthelric, fillo do rei Oshere dos Hwicce, é descrito como un "subregulus", ou subrei, de Æthelbald de Mercia[9].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hunter Blair, Roman Britain, p. 274.
  2. Yorke, Kings and Kingdoms, p. 121.
  3. Kirby, Earliest English Kings, p. 185
  4. Simon Keynes, "Mercia and Wessex in the Ninth Century", pp. 314–323; Yorke, Kings and Kingdoms, pp. 119–122 & table 14. Baldred de Kent (gobernou 821?–825) podería ter pertencido á familia B. Finalmente, unha posíbel ligazón angla oriental, co rei Beonna de Anglia Oriental e o Beodric por quen foi denominado orixinalmente o Bury St Edmunds; Plunkett, Steven (2005), Suffolk in Anglo-Saxon Times, Stroud: Tempus, pp. 187 & 196, ISBN 0-7524-3139-0
  5. Kings and Kingdoms
  6. Campbell, Anglo-Saxon State, p. 144.
  7. Hunter Blair, Roman Britain, pp. 14–15.
  8. Campbell, The Anglo-Saxons, pp. 95–98.
  9. Whitelock, English Historical Documents, 67, pp. 453–454.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Keynes, Simon; Lapidge, Michael (1983). Alfred the Great: Asser's Life of King Alfred and other contemporary sources. London: Penguin. ISBN 0-14-044409-2. 
  • Swanton, Michael (1996). The Anglo-Saxon Chronicle. New York: Routledge. ISBN 0-415-92129-5. 
  • Whitelock, Dorothy (1968). English Historical Documents v.l. c.500–1042. London: Eyre & Spottiswoode. 
  • Beorhtwulf 2 (Male). Prosopography of Anglo-Saxon England (King's College London). Consultado o 27 de decembro de 2008. 
  • Blackburn, Mark & Grierson, Philip, Medieval European Coinage. Cambridge: Cambridge University Press, reprinted with corrections 2006. ISBN 0-521-03177-X
  • Hunter Blair, Peter (1966). Roman Britain and Early England: 55 B.C. - A.D. 871. W.W. Norton & Company. ISBN 0-393-00361-2. 
  • Campbell, James (2000). "The East Anglian Sees Before the Conquest". The Anglo-Saxon State. Hambledon and London. ISBN 1-85285-176-7. 
  • Cowie, Robert (2001). "Mercian London". En Brown, Michelle P. Mercia, an Anglo-Saxon Kingdom in Europe. New York: Leicester University Press. pp. 194–209. ISBN 0-8264-7765-8. 
  • Kelly, S.E. "Berhtwulf". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press, 2004. Retrieved 28 December 2008.
  • Keynes, Simon (2001). "Mercia and Wessex in the Ninth Century". En Brown, Michelle P. Mercia, an Anglo-Saxon Kingdom in Europe. New York: Leicester University Press. pp. 310–328. ISBN 0-8264-7765-8. 
  • Kirby, D.P. (1991). The Earliest English Kings. London: Unwin Hyman. ISBN 0-04-445691-3. 
  • Stafford, Pauline (2001). "Political women in Mercia, Eighth to Tenth centuries". En Brown, Michelle P. Mercia, an Anglo-Saxon Kingdom in Europe. New York: Leicester University Press. pp. 35–49. ISBN 0-8264-7765-8. 
  • Thacker, Alan (1985). Kings, Saints and Monasteries in Pre-Viking Mercia (PDF). Midland History 10. pp. 1–25. ISSN 0047-729X. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de maio de 2008. Consultado o 10 de xaneiro de 2008. 
  • Williams, Ann; Smyth, Alfred; Kirby, D.P. (1991). A Biographical Dictionary of Dark Age Britain. London: Seaby. ISBN 1-85264-047-2. 
  • Williams, Gareth (2001). "Mercian Coinage and Authority". En Brown, Michelle P. Mercia, an Anglo-Saxon Kingdom in Europe. New York: Leicester University Press. pp. 210–228. ISBN 0-8264-7765-8. 
  • Williams, Gareth (2001). "Military Institutions and Royal Power". En Brown, Michelle P. Mercia, an Anglo-Saxon Kingdom in Europe. New York: Leicester University Press. pp. 295–309. ISBN 0-8264-7765-8. 
  • Williams, Ann (1999). Kingship and Government in Pre-Conquest England c. 500–1066. Basingstoke: Macmillan. ISBN 0-333-56798-6. 
  • Wormald, Patrick (1982). "The Ninth Century". En James Campbell; et al. The Anglo-Saxons. London: Phaidon. pp. 132–159. ISBN 0-14-014395-5. 
  • Yorke, Barbara (1990). Kings and Kingdoms of Early Anglo-Saxon England. London: Seaby. ISBN 1-85264-027-8. 
  • Zaluckyj, Sarah (2001). Mercia: the Anglo-Saxon Kingdom of Central England. Almeley: Logaston Press. ISBN 1-873827-62-8.