Saltar ao contido

Osred I de Northumbria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOsred I de Northumbria
Biografía
Nacementoc. 697 Editar o valor en Wikidata
Morte716 Editar o valor en Wikidata (18/19 anos)
Rei de Northumbria
705 – 716
← Eadwulf I de NorthumbriaCoenred de Northumbria → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisAldfrith de Northumbria Editar o valor en Wikidata  e Cuthburh Editar o valor en Wikidata
IrmánsOsric de Northumbria
Osana Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography, 1885–1900 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Osred, nado c. 697 e finado en 716, foi rei de Northumbria de 705 até a súa morte.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo de Ealdfrith de Northumbria. A única esposa coñecida de Ealdfrith foi Cuthburh, pero non se sabe con certeza se Osred foi o seu fillo. Osred non sucedeu directamente ao seu pai, xa que o trono foi ocupado por Eadwulf, aínda que este último ocupouno por apenas uns meses. Cando o usurpador Eadwulf foi derrocado, Osred só era un neno, e o goberno estivo controlado polo poderoso bispo Wilfrid, presumibelmente asistido por parte da nobreza, como Berhtfrith fillo de Berhtred. Osred foi adoptado por Wilfrid neste momento. A morte do bispo no ano 709 non parece crear ningunha inestabilidade o que, xunto co ascenso e caída de Eadwulf, indícanos unha época de estabilidade e continuidade en Northumbria. No ano 711, Berhtfrith inflixiu unha esmagadora derrota aos pictos, en torno ao curso superior do Forth, pero o reinado de Osred é, por outra banda, irrelevante politicamente. A nivel nacional, varias fontes eclesiásticas describen a Osred como un libertino e depravado rapaz, e un sedutor de monxas. Máis positivamente, en De Abbatibus retrátase a Osred como enerxético en obras e palabras, poderoso nas armas e audaz na súa propia forza e Beda referiuse a el como un novo Xosías. Osred alcanzou a súa maioría de idade en 715 ou 716, e faleceu pouco despois. As circunstancias da súa morte non están claras. A Crónica Anglosaxoa sinala que foi asasinado ao sur da fronteira. David Rollason e N. J. Higham supoñen que a fronteira en cuestión é a fronteira sur picta e que os pictos mataron a Osred.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350–1100. Stroud: Sutton, 1993. ISBN 978-0-86299-730-4
  • Rollason, David (2004). "Osred I (696x8–716)". Oxford Dictionary of National Biography,. Oxford University Press. Consultado o 2007-08-20.