Osberht de Northumbria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOsberht de Northumbria

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo IX Editar o valor em Wikidata
Morte21 de marzo de 867 Editar o valor em Wikidata
York Editar o valor em Wikidata
Rei de Northumbria
década de 850 – década de 860
← Aethelred II de NorthumbriaAelle de Northumbria →
Rei de Northumbria
década de 840 – década de 860
← Aethelred II de NorthumbriaAelle de Northumbria → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata

Osberht, finado o 21 de marzo de 867, foi rei de Northumbria a mediados do século IX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

As fontes históricas sobre este período de Northumbria son moi limitadas, así que as datas do seu reinado e escendencia son cuestionábeis.

Crónicas[editar | editar a fonte]

Osberht converteuse en rei despois de que Aethelred II, fillo d'Eanred, fose asasinado. A data exacta da morte de Aethelred non é segura, pero é xeralmente aceptado como o 848.[a] Porén, o cronista Simeón de Durham menciona que "Aethelred, fillo de Eanred, reinou nove anos. Cando foi asasinado, Osbryht asumiu o trono por trece anos", e aclara que o 854 foi "o quinto ano, baixo o reinado de Osberht, o sucesor de Aethelred, a quen deran morte".[2]

Pouco se sabe do seu reinado. Simeón declara que "Osberht se atreveu a se enfrontar á igrexa e tomar terras de Wercewurde e Tillemuthe". A obra Historia de Sancto Cuthberto data a ocupación destas terras durante o ano antes da morte de Osberht.[3][1] Osberht foi deposto por Aelle, a quen algunhas fontes identifican como o seu irmán.[4]

O grande exército pagán desembarcou en Northumbria no verán de 866, ocupando York o día 21 de novembro.[5][6] Fontes históricas como Simeón de Durham, a Crónica, anglo-saxoa, Asser e Æthelweard dan versións destes acontecementos. Simeón, na súa obra Historia Regum Anglorum, conta a historia da batalla, o 21 de marzo 867, na que Osberht e Aelle, temporalmente aliados, atoparon a morte a mans dos viquingos:[3]

Moeda do rei Osberht, feita cunha aliaxe de cobre.
"Naqueles días, os northumbrianos tiñan expulsado violentamente o verdadeiro rei da súa nación, Osbryht de nome, e tiñan colocado na cabeza do reino un tirano chamado Aelle. Cando os pagáns chegaron ao reino, a disputa entre os reis chegou ao seu , grazas ao consello divino  e á axuda dos nobres. Os reis Osbryht e Aelle, tras teren unido as súas forzas e formado un exército, marcharon cara a cidade de York, ante isto, a multitude de viquingos inmediatamente comezou a fuxir. Os cristiáns, sabendo a sú fuxida e terror, déronse de conta de que eran o bando máis forte. Loitaron ferozmente, e os dous reis caeron mortos. Os que se salvaron fixeron a paz cos daneses".[7]

O rei Osbehrt pode ter sido enterrado na Thornhill, Yorkshire. Un raro grupo de lápidas dauqla era, unha delas levando o seu nome, foi descuberto en tempos vitorianos no cemiterio da igrexa vella de San Miguel e Todos os Anxos da dita vila, onde aínda están accesíbeis ao público.

Tras a vitoria, os viquingos impuxeron a Ecgberht, rei monicreque, para gobernar Northumbria.[8]

Sagas[editar | editar a fonte]

A saga Ragnarssona þáttr (A historia dos fillos de Ragnar) engade bastantes máis detalles para a conquista do York. Esta xesta está asociada coa figura lendaria de Ragnar Lodbrok e os seus fillos, Hvitserk, Björn Ironside, Sigurd Serpe-no-Ollo, Ivar o Desosado, e Ubbe. De acordo con estas historias, Ragnar foi capturado e morto por Aella, un feito que levou á invasión de York 866 por un exército liderado polos fillos de Ragnar, que vingaron a súa morte sometendo a Aelle ao ritual da aguia de sangue.[9]

As fontes documentais inglesas, porén, contan que Aelle e Osberht foron mortos en batalla. A Crónica anglo-saxoa declara que "os dous reis morreron alí". A principal figura na suposta vinganza filial recae en Ivar, que ás veces é asociado co líder Ímar, irmán de Amlaíb Conung.[10]

A Crónica anglosaxoa non fai referencia ao xefes viquingos en Northumbria, pero afirma que "Hingwar e Hubba" deron morte ao rei Eadmund (San Edmund), de Anglia Oriental, algúns anos máis tarde.[11] Hubba (Ubbe Ragnarson) é citado por Abbo de Fleury e na obra Historia de Sancto Cuthberto. Pola súa parte, Simeón de Durham lista os seguintes líderes dos viquingos: "Halfdene, Inguar (Ivar o Desosado), e Hubba (Ubbe), Beicsecg, Guthrun (Guthrum o Vello), Oscytell, Amund, Sidroc e outro duque de mesmo nome, Osbern, Frana, e Harold".[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. D.P. Kirby di que puido ter sido o 853.[1]
Referencias
  1. 1,0 1,1 Kirby 1991, p. 196.
  2. Stevenson 1855, p. 653, 761.
  3. 3,0 3,1 3,2 Stevenson 1855, p. 654.
  4. Kirby 1991, p. 197.
  5. Higham 1993, p. 178–179.
  6. Crònica anglosaxona sub anno 867.
  7. Stevenson 1855, p. 470.
  8. Higham 1993, p. 179.
  9. Whitelock 1969, p. 225 e seg..
  10. Crónica anglosaxoa, s.a. 867.
  11. Crónica anglosaxoa, s.a. 870.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]