Ecgberht I de Northumbria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ecgberht I de Northumbria
Nacementomilenioxuliano
Falecemento873
Ocupaciónmonarca
editar datos en Wikidata ]

Ecgberht, finado en 873, foi rei de Northumbria a mediados do século IX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A información sobre este período da historia de Northumbria é escasa e sabemos moi pouco de Ecgberht.

Aparece por primeira vez tras as mortes de Ælla e Osberht en batalla contra os viquingos do Gran Exército Pagán en York o 21 de marzo de 867. Simeón de Durham rexistra:

Case todos os northumbrianos foron postos en fuga e destruídos, os dous reis mortos; os sobreviventes fixeron paces cos pagáns. Despois destes acontecementos, os pagáns nomearon a Ecgberht rei baixo o seu propio dominio; Ecgberht reinou seis anos, sobre os northumbrianos alén do Tyne[1].

Os historiadores supoñen que Ecgberht gobernou como recadador de impostos para o Gran Exército e que pertencía a unha das moitas familias reais de Northumbria[2]. A seguinte información sobre Ecgberht é de 872:

Os northumbrianos expulsaron ao seu rei Ecgberht, e o seu arcebispo Wulfhere[3].

Finalmente, a morte de Ecgberht repórtase en 873, e cítase que o sucedeu Ricsige.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Simeón de Durham, p. 489
  2. Kirby, pp. 212–213; Higham, p.179.
  3. Simeón de Durham, p. 492.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]