Aethelred II de Mercia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aethelred (ou Æthelred) foi ealdorman de Mercia entre c. 881 e 911, so a soberanía de Eduardo o Vello, con cuxa irmá Æthelflæd casa, a cal o sucederá á súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixe descoñecida, sucede a Ceolwulf II, pero ignórase a data exacta; aparece mencionado por vez primeira en 881. En 1976, as escavacións levadas a cabo polos servizos de arqueoloxía do museo no priorato de Saint-Oswald, en Gloucester, proporcionaron datos preciosos sobre o mosteiro saxón que fundaran Æthelred II e a súa muller Æthelflæd[1] nos anos 890.

Æthelred morreu en 911. Foi enterrado en Gloucester, no priorato de Saint-Oswald que fundara anos antes coa súa esposa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cf. Heighway, Carolyn (13 de marzo 1976). "Archaeology: Signs of Saxon Minster". The Times: 16.