Aethelwald de Deira
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 625 |
| Morte | século VII (>655) |
| Rei de Deira | |
| 651 (Gregoriano) – 655 ← Oswine de Deira – Oswiu de Northumbria → | |
| Rei de Deira | |
| 651 (Gregoriano) – 654 (Gregoriano) ← Oswine de Deira – Oswiu de Northumbria → | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Familia | |
| Familia | Leodwaldings (en) |
| Pais | Oswald de Bernicia |
Œthelwald, finado despois de 655, foi un rei de Deira (651 – c. 655). Foi fillo de Oswald de Bernicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de que Oswine de Deira foi asasinado o rei Oswiu de Northumbria en 651, Aethelwald converteuse en rei de Deira, e consecuentemente alíase co inimigo de Oswiu, Penda de Mercia; segundo Beda, actuou como o guía de Penda durante a invasión deste en Northumbria en 655. Con todo, cando os exércitos de Oswiu e Penda se atoparon o 15 de novembro na Batalla de Winwaed, Aethelwald retirou o seu exército. Penda foi derrotado, de súpeto por culpa da retirada de Aethelwad, e despois Aethelwald parece que perdeu control de Deira, e Alchfrith foi instalado por parte do vitorioso Oswiu. Despois disto, o paradoiro de Aethelwald é descoñecido.
Aínda que el se aliou co pagán de Penda, Aethelwald foi un fervoroso cristián e é lembrado pola súa xenerosidade cara a Chad de Mercia, a quen lle outorgou terreo para un mosteiro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kirby, D.P. (1992). The Earliest English Kings. Londres: Routledge. ISBN 0-415-09086-5.
- Price, A C (1915). The County of the White Rose: An Introduction to the History and Antiquities of Yorkshire. Brown.
- Stephens, W R; Hunt, W (1907). A History of the English Church: Hunt, W. The English church from its foundation to the Norman conquest (597-1066). Macmillan and Company, Limited.