Cnut de Northumbria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cnut de Northumbria
Nacementoséculo VIIIxuliano
Falecementovalor descoñecido
Ocupaciónmonarca
editar datos en Wikidata ]

Cnut, foi rei da Northumbria conquistada polos viquingos, chamada Jórvik, do 900 ao 905, datas deducidas pola moedas atopadas.

Moedas atopadas[editar | editar a fonte]

Penique de prata de Cnut de Northumbria.

En 1840 atopouse un grupo de máis de 8.000 moedas, o chamado tesouro de Cuerdale (Lancashire). Delas había unhas 3000 coa inscrición en latín KNVT REX[1][2]. No reverso das moedas había varias inscricións: nalgunhas poñía ELFRED REX (rei Alfred), o que indica que Cnut foi contemporáneo de Alfredo o Grande; noutras aparecía o nome dun rei anterior, Siefredus. A secuencia das moedas indicaba que Cnut gobernara nun período posterior a Siefredus, entre o 900 e o 905. Tamén se deduciu que Siefredus fora o sucesor de Guthred, e que gobernara entre o 895 e 900. Os nomes de Cnut e Siefredus aparecen xuntos nalgunhas moedas, quizais indicando que gobernaron conxuntamente durante un tempo[3].

Identificación[editar | editar a fonte]

É difícil engadir detalles biográficos ao que se coñece polas moedas de Cnut, xa que non é mencionado en ningunha bibliografía da súa época[3]. O historiador Alfred Smyth propuxo que Cnut podería ser o personaxe do mesmo nome que aparece mencionado en sagas nórdicas dos séculos XIII e XIV. Nestas dise que Cnut foi un rei de Northumbria de orixe danesa[4]. Tamén se suxeriu que Cnut podería ser outra forma do nome Guthfrith, gobernante de Northumbria do cal non se teñen atopado moedas. Outra hipótese proposta por Cannon e Hargreaves é que Cnut é o cognome de Siefredus[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ullditz 2014, p. 199–200.
  2. Logan 2005, p. 141.
  3. 3,0 3,1 Downham 2007, p. 79–80.
  4. Smyth 1975, p. 47—52.
  5. Cannon & Hargreaves 2009, p. 64–65.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]