Stirling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaStirling
Imaxe

Localización
Mapa
 56°07′00″N 3°56′13″O / 56.1166, -3.9369Coordenadas: 56°07′00″N 3°56′13″O / 56.1166, -3.9369
EstadoReino Unido
PaísEscocia
ConcelloStirling (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación37.610 (2016) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Callander (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Evento clave
Identificador descritivo
Código postalFK7, FK8 e FK9 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico01786 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Budapest District III (en) Traducir (2006–) Editar o valor em Wikidata

Sitio webstirling.gov.uk Editar o valor em Wikidata

Stirling (en escocés: Sruighlea, e en scots: Stirlin) é unha pequena cidade no centro de Escocia, e que se atopa entre a Terra Alta e a Terra Baixa de Escocia. É unha vila antiga, formada ao redor dun importante castelo histórico, e que ten memoria dende a Idade Media. É ademais un centro administrativo, universitario, comercial e da industria lixeira. No censo do 2001 tiña 45.115 habitantes.

Noutro tempo capital do reino de Escocia, Stirling levou o nome de "vila real" ata o ano 2002, cando, co gallo das festas xubilares da raíña Sabela II, lle acordaron o estado de "cidade".

Historia[editar | editar a fonte]

Habitada dende a Idade de Pedra, Stirling foi estratexicamente importante dende polo menos a invasión romana da Britania, en gran parte grazas ao seu outeiro doado de defender e á súa posición á beira do río Forth. Isto trouxo riquezas e poder a Stirling, e foi nomeada burgo real no século XII polo Rei David I de Escocia. Naqueles tempos a cidade chamábase Strivelyn. Grandes batallas tiveron lugar en Stirling debido ao longo conflito entre Escocia e Inglaterra (ver Batalla da ponte de Stirling).

A igrexa da Holy Rude (Santa Cruz) atópase ao carón do castelo de Stirling, e é unha das edificacións de maior importancia histórica na cidade. A igrexa foi construída a finais do século XV, e constitúe a única igrexa no Reino Unido, xunto coa Abadía de Westminster, onde se celebrou un coroamento: o 29 de xullo de 1567, sendo aínda un bebé, o fillo de María, raíña dos escoceses, foi coroado Xaime VI de Escocia. Hoxe en día aínda poden apreciarse as pegadas das balas das tropas de Oliver Cromwell na torre e na ábsida.

As fortificacións continuaron sendo militarmente estratéxicas durante as protestas xacobitas no século XVIII. En 1715, o Duque de Mar fallou no seu intento de tomar control do castelo. En xaneiro de 1746, o exército de Carlos III de Inglaterra e Escocia tomou a vila mais non puido conquistar o castelo. Durante a retirada cara ao norte, bombardeou a igrexa de St. Ninians, onde se almacenaban as municións; só unha torre sobreviviu o ataque e aínda pode verse hoxe en día.

Administración[editar | editar a fonte]

A división administrativa de Stirling divídese no centro histórico ou Top of the Town, na que se sitúa o Castelo e a zona máis turística, e 39 áreas ou distritos:

Distritos[editar | editar a fonte]

  • Causewayhead
  • Chartershall
  • Corn Exchange
  • Cornton
  • Coxethill
  • Craigmill
  • Craig Leith
  • Cultenhove
  • Forthbank
  • Gillies Hill
  • Gowan Hill
  • Hillpark
  • Kenningknowes
  • Kildean
  • King's Park
  • Laurelhill
  • Livilands
  • Loanhead
  • Mercat Cross
  • Raploch
  • Randolphfield
  • Riverside
  • Spittal Hill
  • Springkerse
  • St. Ninians
  • Torbrex
  • Whins of Milton
  • Viewforth
  • Wolfcraig

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]