Bretwalda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Bretwalda (brytenwalda, bretenanwealda) é un termo anglosaxón, utilizado en tempos da Britania posromana e designaba un rei que detentaba unha supremacía temporal sobre os restantes.

Orixe do título[editar | editar a fonte]

Os pobos anglosaxóns que invadiron Britania no século V non tiñan unidade política centralizada ningunha, senón que estaban divididos en tribos, moitas veces enfrontadas entre si. A necesidade de formar unha fronte común contra a resistencia dos britanos obrigou a conformar alianzas temporais entre eles, e é nese contexto que se deu o título de bretwalda -como indicador de supremacía- aos xefes ou reis escollidos polos restantes para exercer o mando supremo temporal.

Ese foi o título de Aethelberht, rei de Kent (594), dos reis de Northumbria Edwin (623), Oswald (634) e Oswiu (643), e do rei Penda de Mercia (626), entre outros xefes anglosaxóns.

A palabra bretwalda significa en realidade “líder britano”, polo que probabelmente o concepto mesmo, a institución e a dignidade que leva, fosen copiados dese pobo polos conquistadores.

É no período da Heptarquía Anglosaxoa (475-827), onde crece o uso do título[1]. O dominio do bretwalda non supuña formalmente a supremacía dun reino sobre os restantes, senón a dun rei sobre os seus veciños, sobre os seus pares, quen lle pagaban tributo e debían responder á súa convocatoria ás armas. O lazo, xa que logo, era persoal e rompía á morte do bretwalda. A elección dun xefe determinado para o posto no entanto adoitaba implicar o recoñecemento (e lexitimación) dun poder maior polo que indirectamente implicaba reflectir a hexemonía dun reino sobre outros nese contexto histórico determinado.

Lista de Bretwaldas[editar | editar a fonte]

Lista de bretwaldas na Crónica anglosaxoa.

Segundo Beda (Historia ecclesiastica gentis Anglorum) e a Crónica Anglosaxoa[editar | editar a fonte]

Señores de Mercia[editar | editar a fonte]

Listados só pola Crónica anglosaxoa[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. É o nome dado ao conxunto de sete reinos establecidos polos pobos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Beda O Venerable, Historia ecclesiastica gentis Anglorum, Ed. J. E. King, Londres, 1962

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]