Osric de Deira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOsric de Deira
Biografía
NacementoI milenio Editar o valor em Wikidata
Morte634 Editar o valor em Wikidata
York Editar o valor em Wikidata
Rei de Deira
633 (Gregoriano) – 644 (Gregoriano)
← Edwin de NorthumbriaOswald de Bernicia → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Deira Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosOswine de Deira Editar o valor em Wikidata
PaiÆlfric (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Osric, finado en 633 ou 634, foi un rei de Deira (632–633 ou 633–634) un antigo reino no norte de Inglaterra. Foi primo do rei Edwin de Northumbria, sendo o fillo do tío de Edwin, Aelfric. Osric foi o pai de Oswine.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de que Edwin morreu en batalla contra Cadwallon ap Cadfan do Reino de Gwynedd e Penda de Mercia, Northumbria caeu no caos, con Eanfrith tomando o poder do subreino de Bernicia e Osric tomando poder en Deira. Segundo Beda, Osric foi, do mesmo xeito que Eanfrith, un cristián que se reconverteu ao paganismo despois de tomar o poder.

Con todo, Cadwallon continuou a súa destrutiva invasión de Northumbria. Beda conta que Osric acurrunchou a Cadwallon "nunha forte cidade", pero Cadwallon "saíu de súpeto con todas as súas forzas, por sorpresa, e destruíuno a el e a todo o seu exército."

O ano no que el e Eanfrith reinaron separadamente en Northumbria, foi tan aborrecido polo seu paganismo, que futuros historiadores habían mencionar este ano como parte do reino do seguinte rei, tratando de borrar este episodio da historia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Historia ecclesiastica gentis Anglorum, Libro III, Capítulo I. escrito por Bede.