Reino de Deira
Deren Rīce (ang) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | York | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | c. 450 | ||||
Disolución | 655 (Gregoriano) | ||||
Sucedido por | Reino de Northumbria | ||||
Deira foi un reino da Inglaterra setentrional durante o século VI. Estendíase desde o río Humber ata o Tees, e desde o mar ata a esquina occidental do Vale of York. Posteriormente uniuse ao reino de Bernicia, situado máis ao norte, para formar o reino de Northumbria.
O nome do reino é de orixe britana, se cadra de Deifr, que significa "augas", ou de Daru, que significa "carballo", en cuxo caso podería equivaler a "a xente do Derwent",unha derivación que tamén se atopa no nome latino de Malton, Derventio.[1]
Segundo Simeón de Durham estendíase desde o Humber ata o Tyne, pero a terra era mala ao norte do Tees. Despois de que o reino britano con centro en Eboracum, que pode que se chamase Ebrauc, fose tomado por Edwin, a cidade de Eboracum converteuse na súa capital e pasou a chamarse Eoforwic (o lugar do verrón) polos anglos. Antes disto é posíbel que a capital teña estado en Pocklington ou preto de alí.
O primeiro rei anglo de Deira do que temos constancia é Ælla, que floreceu a finais do século VI tras conquistar o reino aos britanos en 581. Á súa morte, Deira estivo sometida ao rei Æthelfrith de Bernicia, quen uniu ámbolos reinos no de Northumbria. Æthelfrith gobernou ata a ascensión do fillo de Ælla Edwin, en 616 ou 617, quen tamén gobernou os dous reinos ata 633.
Osric, o sobriño de Edwin, gobernou Deira tras Edwin, pero o seu fillo Oswine foi matado por Oswiu en 651. Por algúns anos Deira estivo gobernada por Æthelwald fillo de Oswald de Bernicia.
Beda escribiu sobre Deira na súa Historia Ecclesiastica.
Reis de Deira
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Lista de reis de Northumbria.
Reinado | Rei | Notes | |
---|---|---|---|
559/560 a 589 | Aella (Aelli) |
ÆLLA YFFING DEIRA CYNING ÆLLA REX DEIRA |
|
589/599 a 604 | Aethelric (Aedilric) |
ÆÞELRIC IDING BERNICIA 7 DEIRA CYNING ÆÞELRIC REX BERNICIA ET DEIRA |
|
Dinastía de Bernicia | |||
593/604? a 616 | Aethelfrith | ÆÞELFERÞ ÆÞELRICING DEIRA CYNING ÆÞELFERÞ REX DEIRA |
Morto en combate |
Dinastía de Deira | |||
616 a 12/14 de outubro de 632 | Edwin | EDVVIN ÆLLING BERNICIA 7 DEIRA CYNING EDVVIN REX BERNICIA ET DEIRA |
Morto en combate por Cadwallon de Gwynedd e Penda de Mercia |
finais de 633 a verán de 634 | Osric | OSRIC ÆLFRICING DEIRA CYNING OSRIC REX DEIRA |
|
633 a 5 de agosto de 642 | Oswald | OSVVALD BERNICIA 7 DEIRA CYNING OSVVALD REX BERNICIA ET DEIRA |
Morto por Penda, rei de Mercia; San Oswald |
642 a 644 | Oswiu | OSVVIO ÆÞELFRIÞING BERNICIA 7 DEIRA CYNING OSVVIO REX BERNICIA ET DEIRA |
|
644 a 651 | Oswine | OSVVINE OSRICING DEIRA CYNING OSVVINE REX DEIRA |
Murdered |
verán de 651 ata finais de 654 ou 655 | Æthelwald | ÆÞELVVALD OSVVALDING DEIRA CYNING ÆÞELVVALD REX DEIRA |
|
654 a 15 de agosto de 670 | Oswiu | OSVVIO ÆÞELFERÞING NORÞANHYMBRA CYNING OSVVIO REX NORÞANHYMBRA |
Restored |
656 a 664 | Alchfrith | ALCHFRIÞ DEIRA CYNING ALCHFRIÞ REX DEIRA |
|
670 a 679 | Aelfwine | ÆLFVVINE DEIRA CYNING ÆLFVVINE REX DEIRA |
Notas
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Geake, Helen & Joanthan Kenny (eds.) (2000). Early Deira: Archaeological studies of the East Riding in the fourth to ninth centuries AD. Oxford: Oxbow. ISBN 1-900188-90-2
- Higham, N.J. (1993). The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton. ISBN 0-86299-730-5