Halfdan Ragnarsson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Halfdan Ragnarsson
A child's book of warriors (1907) (14750789584).jpg
Nacementoséculo IX
 Escandinavia
Falecemento877
 Strangford Lough
Ocupaciónwar chief
PaiRagnar Lodbrok
NaiAslaug
IrmánsSigurd Snake-in-the-Eye, Ivar o Desosado, Ubba Ragnarsson, Björn Ironside, Hvitserk, Hastein e Ragualdo, o Glorioso
editar datos en Wikidata ]

Halfdan Ragnarsson (tamén escrito Halfdene, ou Albann) foi un líder viquingo que, xunto cos seus irmáns Ubbe Ragnarsson e Ivar o Desosado lideraron o gran exército pagán co propósito de conquistar a illa de Gran Bretaña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os tres viquingos eran fillos do lendario Ragnar Lodbrok e Auslaug. Segundo as sagas nórdicas, cando o seu pai morreu en Northumbria, os irmáns decidiron invadir as terras anglosaxoas para o vingar. Despois de erixirse en rei de Northumbria, poñer en pé de guerra os máis importantes reinos dos anglosaxóns e dos britanos e establecerse por un tempo en Londres, morreu en Irlanda loitando contra outros viquingos.

Invasión[editar | editar a fonte]

Rei de Northumbria[editar | editar a fonte]

En 865 levan unha hoste de viquingos, coñecida como o gran exército pagán, que desembarcou en Anglia Oriental. Segundo as sagas nórdicas esta invasión foi organizada polos fillos de Ragnar Lodbrok, un dos cales foi Halfdan, para se vingaren da súa morte, ideada polo rei Aelle de Northumbria. Supostamente Ælle foi capturado no ano 865, e foi condenado a morrer nun pozo de serpes, pero non se sabe ata que punto é certa esta historia[1][2]. Estes invasores eran na súa maioría de orixe danesa.

Despois dun ano do seu desembarco foron, con cabalos collidos aos anglos, cara Northumbria, que naquel momento estaba no medio da guerra civil entre Aelle e Osberht, a fin de acadar o trono[3]. Ao final do 866 o exército de Halfdan conquistou unha parte do reino de Northumbria, o territorio correspondente á antiga Deira, que, no futuro, sería chamado o Jorvik. O ano seguinte Aelle e Osberht puxeron de lado as súas diferenzas e uníronse para expulsar a Halfdan do trono, pero o resultado foi unha desastrosa derrota na que os dous reis northumbrios morreron[3]. Halfdan e Ricsige, nomeados reis, colocaron no goberno de Northumbria un rei monicreque ao seu servizo, chamado Ecgberht[4].

Invasión de Mercia[editar | editar a fonte]

Cara o final do ano Halfdan liderou as tropas de viquingos daneses cara ao sur, pasando a través do territorio de Mercia, capturaron a cidade de Nottingham e pasaron nela o inverno[5]. A reacción do rei de Mercia, Burgred, foi aliarse co rei Aethelred de Wessex, e cos seus exércitos cercaron a cidade. Despois duns días viron ver que non darían retomado a cidade e chegaron a un acordo sobre unha tregua segundo a cal os daneses aceptaron recuaren cara a York[6], onde se mantivo por máis de un ano preparando forzas para os ataques seguintes[3].

Conquista de Anglia Oriental[editar | editar a fonte]

O 869, volveron a Anglia Oriental, coa intención de ocupala, capturaron a cidade de Thetford, coa intención de pasar o inverno, pero presentouse o exército dos anglos[7]. Os daneses deron conquistado sen grandes dificultades todo o reino de Anglia Oriental e asasinaron ao rei Eadmund[8][9]. As sagas mencionan a Ubbe e Ivar entre os comandantes daneses e Eadmund entre os mortos, pero non se sabe cal foi o papel que tivo Halfdan nesta ocasión[10].

Invasión de Wessex e establecemento en Londres[editar | editar a fonte]

Ivar pasou despois a Irlanda, e Halfdan liderou unha invasión de Wessex e capturaron a cidade de Reading, onde ha inflixir unha seria derrota aos anglosaxóns liderados polo rei Alfred o Grande, cando tentan recuperar a cidade[11]. Aquel verán chegaron máis viquingos liderados por Bagsecg, que se uniron a Halfdan[12]. Segundo a Crónica anglosaxoa tivo que se enfrontar aos saxóns seis veces, incluíndo a Batalla de Ashdown en xaneiro de 878, aínda que desta vez Alfred, rei de Wessex, se alzou coa vitoria e acordaron unha tregua[13].

Neste intre, Halfdan converteuse en gobernante da cidade de Londres durante os anos 871-872, e cuñou moedas co seu nome[14].

Volta a Jorvik e dominio de Mercia[editar | editar a fonte]

No outono de 872 Halfdan volveu para pacificar unha revolta contra Ecgberht[13]. Pero algúns historiadores modernos non cren que este fose o motivo que o levou a volver cara ao norte, e cren que, en realidade, era parte dos preparativos para atacar Mercia[15]. O seu exército pasou o inverno en Torksey , e o ano seguinte, dirixíronse a Repton. Finalmente conquistou Mercia e substituíron a Burghred por outro rei monicreque ao seu servizo, Ceolwulf[16].

Morte en Irlanda[editar | editar a fonte]

Mapa que apunta o lugar onde morreu.

Máis tarde, loitou contra os pictos en Escocia, e os britanos de Strathclyde. Entón parece que estivo en Irlanda, a onde foi para tentar recuperar o trono do seu irmán Ivar o Desosado. Segundo se afirma nos Anais do Ulster, Eystein Olafsson, rei de Dublín foi morto en 875 por Albann, nome co que se refiren a Halfdan[17]. O 876 volveu a Jorvik e parece que, mentres tanto, perdeu o goberno de Dublín[8]. O 877 volveu a Irlanda, pero atopouse coa oposición doutros viquingos que non o aceptaron como rei e, finalmente, morreu na batalla de Strangford Lough, un ano antes do seu irmán Ubbe caer na batalla de Cynwit. Os sobreviventes volveron a Northumbria, pasando por Escocia, entre eles estaba Guthred, quen o sucedeu no trono[18].

Historicidade[editar | editar a fonte]

Halfdan e os seus irmáns son aceptados como figuras históricas, pero non todos os autores pensan o mesmo sobre o seu suposto pai, Ragnar Lodbrok. Mentres que algúns cren que, malia ser un personaxe das sagas, si que existiu[19], outros, como Katherine Holman, resaltan o feito de que non hai proba ningunha que o demostre e chegan á conclusión de que o que se dixo del podería ser unha amálgama de historias sobre diferentes personaxes creados pola literatura[20].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Munch 1926, p. 245–251.
  2. Jones 1984, p. 218–219.
  3. 3,0 3,1 3,2 Forte, Oram & Pedersen 2005, p. 69–70.
  4. Keynes 2014, p. 526.
  5. Downham 2007, p. 65.
  6. Forte, Oram & Pedersen 2005, p. 72.
  7. Downham 2007, p. 64.
  8. 8,0 8,1 Venning 2014, p. 132.
  9. Holman 2012, p. 102.
  10. Swanton 1998, p. 70–71 n. 2.
  11. Crofton 2006, p. 9.
  12. Hooper & Bennet 1996, p. 22.
  13. 13,0 13,1 Forte, Oram & Pedersen 2005, p. 72—73.
  14. Grueber 1899, p. 17.
  15. Downham 2007, p. 69.
  16. Forte, Oram & Pedersen 2005, p. 73—74.
  17. South 2002, p. 87.
  18. Lapdige et al. 2013, p. 526.
  19. Davidson 1979, p. 277.
  20. Holman 2003, p. 220.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]