Oswald de Bernicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Oswald de Northumbria")
Oswald de Bernicia
Oswald of Northumbria.jpg e Oswald angolszász király.jpg
Nacemento c. 604
Lugar Deira
Falecemento 5 de agosto de 642
Lugar Oswestry
Soterrado Catedral de Durham
Nacionalidade Reino de Northumbria
Etnia Anglos
Ocupación soberano
Fillos Aethelwald de Deira
editar datos en Wikidata ]
Fresco do século XII da catedral de Durham que representa a Santo Oswaldo (Oswlald de Bernicia).

Oswald, nado c. 604 e finado o 5 de agosto de 642, foi un rei cristián de Northumbria no século VII, cando o territorio de Inglaterra estaba dividido en pequenos reinos rexidos por liñaxes de orixe xermánica[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sobriño materno do tamén rei northumbrio Edwin, en 633 reunificou o reino de Northumbria, un ano despois de morrer o seu tío, e chegou a ser o monarca máis poderoso do seu tempo; o monxe Beda o Venerable incluíuno na súa lista de Reis Supremos da antiga Inglaterra, como práctico sucesor de Edwin.

Morreu na batalla de Maserfield contra o rei pagán Penda, o mesmo inimigo que eliminara a santo Edwin dez anos atrás. Como este, Oswald é tamén venerado como santo e como mártir, aínda que o seu culto, extraordinariamente popular, afogou ao do seu predecesor[2].

Sucedeuno no trono o seu irmán Oswiu.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Beda dá o 642 como ano da morte de Oswald; porén, hai certa dúbida sobre se o que Beda consideraba ser o 642 é o mesmo que o que na actualidade sería considerado o 642.
  2. Catholic Encyclopedia: St Oswald

Véxase tamén[editar | editar a fonte]