Ricsige de Northumbria
Ricsige de Northumbria | |
---|---|
Nacemento | milenioxuliano |
Falecemento | 876 |
Etnia | Anglos |
Ocupación | monarca |
Fillos | Eadræd (?) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ricsige foi un rei da Northumbria viquinga, chamada Jorvik, que gobernou despois de Ecgberht I ser deposto polo pobo no ano 873.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como o seu antecesor, parece que Ricsigue foi un rei monicreque, malia que el pretendía ter plenas funcións[1]. Segundo a Crónica anglosaxoa era de orixe anglosaxoa, e foi nomeado polos membros do gran exército pagán que atacou York no ano 866. Mentres el se quedaba controlando o territorio conquistado de Northumbria, Jorvik, Halfdan Ragnarsson avanzou para expandir o territorio cara o sur. A continuación, puxo a Ecgberht II de Northumbria a gobernar as terras da antiga Bernicia, entre o río Tees e o río Forth. Mentres tanto, Halfdan conquistou Anglia Oriental e Mercia, onde se estableceu[2].
Roger de Wendover informa que Ricsige morreu de tristeza cando, por decisión de Halfdan Ragnarsson, houbo que dividir o reino entre eles dous: Ricsige no norte e Halfdan nos territorios conquistados, que chegaban ata a cidade de Londres[3][4].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Fisher 2014, p. 148.
- ↑ Keys 2012, p. 56.
- ↑ Woolf 2007, p. 77.
- ↑ Hill 2008, p. 56.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Kirby, D.P., The Earliest English Kings. Londres: Unwin, 1991. ISBN 0-04-445692-1
- Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton, 1993. ISBN 0-86299-730-5