Ceolwulf de Northumbria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCeolwulf de Northumbria
Biografía
Nacemento695 Editar o valor em Wikidata
Morte15 de xaneiro de 765 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Lindisfarne (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rei de Northumbria
729 – 737
← Osric de NorthumbriaEadberht de Northumbria → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Northumbria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca , monxe Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa15 de xaneiro Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor em Wikidata
PaiCuðwin (?) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCoenred de Northumbria Editar o valor em Wikidata

Ceolwulf, nado c. 695 e finado en 764, foi rei de Northumbria de 729 até 737, exceptuando un breve período en 731 ou 732 cando foi deposto. Ceolwulf abdicou finalmente e entrou no mosteiro en Lindisfarne. Foi o "máis glorioso rei" a quen Beda dedicou a súa Historia ecclesiastica gentis Anglorum.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ceowulf naceu ao redor de 695 en Northumbria[1]. A súa ascendencia énos dada pola "Crónica anglosaxoa": "Ceolwulf era o fillo de Cutha, Cutha de Cuthwin, Cuthwin de Leoldwald, Leoldwald de Egwald, Egwald de Aldhelm, Aldhelm de Ocga, Ocga de Ida, Ida de Eoppa"[2]. O irmán de Ceolwulf, Coenred, ascendeu ao trono de Northumbria en 716[3]. Coenred gobernou por dous anos cando Osric, o último da Casa de Aethelric, reclamou o trono e gobernou durante dez anos. En 729, pouco antes da súa morte, Osric nomeou sucesor a Ceolwulf.

Pediu consello ao Venerábel Beda para asuntos importantes. Mentres encomiaba a piedade de Ceolwulf, Beda tamén expresaba algunhas reservas con respecto á súa capacidade para gobernar. Ceolwulf era un home con profundos intereses relixiosos e quizais pouco apropiado para os asuntos de estado. Beda dedicoulle a súa Historia ecclesiastica gentis Anglorum ("Historia eclesiástica da nación dos ingleses") en 731. Aquel ano mesmo Ceolwulf foi deposto durante un breve período de tempo no outono de 731 ou 732, pero foi restaurado rapidamente. Os detalles do golpe tentado son pouco claros. Dise que o bispo Acca de Hexham foi privado da súa sede, o que suxire que puido apoiar aos adversarios de Ceowulf.

Suxeriuse que Ceolwulf pasaría tempo en Irlanda, quizais estudando para entrar en relixión. Como rei, dotou ao mosteiro en Lindisfarne con moitas doazóns. Obtivo unha dispensa para que os monxes puidesen consumir viño e cervexa, contrariamente á práctica celta que limitaba as bebidas a auga e leite.

En 737 Ceolwulf abdicou a favor do seu primo Eadberht, para se retirar a Lindisfarne. A súa morte consta no inverno de 764–765. Foi canonizado posteriormente e a súa festa celébrase o 15 de xaneiro[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Odden, Per Einer.
  2. Hind, George.
  3. ""St. Ceolwulf, King of Northumbria (c.". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2017. Consultado o 24 de outubro de 2017. 
  4. Catholic Online. "St. Ceolwulf of Northumbria - Saints & Angels - Catholic Online". Catholic.org. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]