Eanfleda de Deira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEanfleda de Deira
Biografía
Nacemento19 de abril de 626 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Reino de Deira Editar o valor em Wikidata
Morte704 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Abadía de Whitby Editar o valor em Wikidata
Abadesa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Northumbria Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonxa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa24 de novembro Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPrincesa Editar o valor em Wikidata
CónxuxeOswiu de Northumbria Editar o valor em Wikidata
FillosAlfleda, Aelfwine de Deira, Ostrida (pt) Traducir, Ecgfrith de Northumbria Editar o valor em Wikidata
PaisEdwin de Northumbria Editar o valor em Wikidata  e Etelburga de Kent (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Santa Eanfleda, (ou Eanfled) foi unha princesa, filla de Edwin, rei de Northumbria e Etelburga de Kent. Naceu no 626 e finou o 11 de decembro de 704[1] en Whitby (North Yorrshire). Foi bautizada por San Paulino de York e foi a primeira persoa bautizada en Northumbria.

Infancia[editar | editar a fonte]

A vida de Eanfleda formou parte dentro das políticas das dinastías de Northumbria e as relacións entre as dúas casas reais de Bernicia e de Deira. Eanfleda naceu en 626, filla de Edwin de Deira, nese entón rei de Northumbria, e a súa esposa Etelburga de Kent. Ela naceu a noite despois de Domingo de Pascua, inmediatamente despois dunha crise, na cal, un asasino tentou matar ao seu pai.

A súa nai, Etelburga, era filla da princesa francesa Berta e do rei Ethelberto de Kent. Foi unha cristiá devota dentro dunha corte pagá, e a só semanas despois de nacer, Eanfleda foi bautizada como cristiá por Paulino de York, o sacerdote da súa nai. Segundo Beda, ela foi a primeira das xentes de Northumbria en ser bautizada.

En 633, cando só tiña seis anos de idade, Northumbria foi invadida desde o sur e Edwin foi asasinado. Etelburga fuxiu cara a Kent para estar baixo a protección da súa xente, levando con ela a Eanfleda e a varios da casa real. Pero cando dous anos despois o príncipe berniciano Oswaldo, fillo do adversario de Edwin o rei Etelfrido de Northumbria subiu ao trono de Northumbria, Etelburga temía que, aínda estando en Kent, os seus fillos non estarían a salvo. Ela, pois, mandounos cara a Francia, á corte do seu parente o rei Dagoberto. Por tanto Eanfleda creceu no exilio.

Raíña de Northumbria[editar | editar a fonte]

Eanfleda foi traída de regreso a Northumbria no 642 ou 643, á idade de dezasete ou dezaoito anos, para ser casada con Oswiu quen fora o sucesor do seu irmán Oswaldo. A comezos do reino de Oswiu, a unidade do reino de Northumbria non estaba nada asegurada e por ser fillo de Etelfrido, o seu recoñecemento en Deira non podía ser garantido, e iso que era de liñaxe deirán por parte da súa nai. A alianza matrimonial con Eanfleda, foi entón un elemento fundamental para consolidar a súa posición; isto deulle a Eanfleda un poder o cal ela puido exercitar no 651. A comezos do seu reinado, Oswiu non gobernaba Deira directamente, senón a través dun sub-reino. Entre 646 e 651 o príncipe deirán Oswino foi o sub-rei, pero despois dun errado intento armado en contra de Oswiu, este mandouno asasinar. Por mor desta acción, Eanfleda convenceu a Oswiu para patrocinar a construción dun mosteiro en Gilling, dentro de territorio de Deira, e nomeou a Trumhere, un parente de Oswino, como abade. Beda explica que isto foi un acto de arrepentimento, cos monxes rezando a diario pola salvación das almas de ámbolos dous reis. Esta acción tamén ten un sentido máis xeral, non só da moral cristiá da época, pois polo feito do asasinato, creábase unha débeda de sangue, e Eanfleda, por ser compatriota da vítima, era a encargada de conseguir un prezo como cobro pola morte do seu compatriota e así pagar a débeda. O mosteiro foi o cobro que ela conseguiu, e neses tempos un mosteiro era de suma importancia.

Relixión[editar | editar a fonte]

Nas políticas de relixión e dentro da corte real, Eanfleda foi moi influente. Aínda que Oswiu e a súa corte seguían as prácticas da rama celta do cristianismo establecida por Oswaldo en Lindisfarne, ela seguía as prácticas da rama romana do Cristianismo, ó cal pertencía dende a súa infancia, e Eanfleda e o seu fillastro Aldfrido alentaron o sentimento pro-romano que era moi relevante no estado de Deira. Deste xeito, repetíase a mesma situación que se dera coa súa nai e a súa avoa materna, as cales foron cristiás en cortes pagás.

As dúas tradicións cristiás que se representaban na corte, usaban dous diferentes calendarios eclesiásticos. Como resultado, o rei podería estar a celebrar Pascua, mentres a raíña e a súa corte observaban a Coresma. Beda presenta isto como un dos factores que levou a Oswiu a convocar o Sínodo de Whitby onde se decidiu en favor do Cristianismo Romano.

Despois da morte de Oswiu en 670, Eanfleda entrou ao mosteiro de Whitby baixo a dirección da súa compatriota a abadesa Hilda. Ao facelo, uniuse á súa filla Alfleda á que Oswiu destinara á vida monástica desde a súa infancia. Whitby converteuse en algo así como unha casa de retiro para a familia real de Deira. Posteriormente, trala morte de Hilda, Eanfleda e Alfleda seguiron como abadesas, e foi durante o tempo de Eanfleda no mosteiro que os restos do seu pai o rei Edwin foron recuperados do lugar da súa morte en Hatfield Chase e depositados xunto ao altar na igrexa do mosteiro.

Morre o 11 de decembro do 704 sendo as circunstancias da súa morte descoñecidas, pero foi enterrada á beira do seu pai na igrexa do mosteiro. Despois da súa morte Eanfleda foi venerada como santa e nomeada patroa de Whitby.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Brittania.com". Arquivado dende o orixinal o 03-03-2016. Consultado o 07-04-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

  • "Historia ecclesiastica gentis Anglorum" de Bede.
  • Bede’s World: Eanflaed