Eanred de Northumbria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEanred de Northumbria

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor em Wikidata
Morte841 Editar o valor em Wikidata
Rei de Northumbria
década de 810 – 844
← Aelfwald II de NorthumbriaAelfwald II de Northumbria →
Rei de Northumbria
808 – década de 840
← Eardwulf de NorthumbriaAethelred II de Northumbria → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAethelred II de Northumbria Editar o valor em Wikidata
PaiEardwulf de Northumbria Editar o valor em Wikidata

Eanred foi rei de Northumbria a comezos do século IX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A pedra que conmemora o encontro entre Eanred e Ecgberht en Dore.

Sábese moi pouco con certeza acerca de Eanred. A única referencia que se fai pola Anglo-Saxon Chronicle aos northumbrianos neste período é a afirmación de que en 829 Ecgberht de Wessex "dirixiu un exército contra os northumbrianos que chegou até Dore, onde se reuniron con el, e ofrecéronlle acordos de obediencia e submisión, tras a aceptación dos cales regresaron a casa", estendendo deste xeito, polo menos temporalmente, a hexemonía de Ecgberht sobre a Inglaterra anglosaxoa.

Roger de Wendover afirma que Eanred reinou desde 810 até 840; no século XII a Historia da Igrexa de Durham rexistra un reinado de 33 anos, e unha moeda recentemente descuberta de Eanred foi datada no 850, baseándose no seu estilo. Dada a turbulencia da historia de Northumbria neste período, un reinado desta lonxitude suxire unha figura de certa importancia. Ao cabo dunha xeración da morte de Eanred, a monarquía angla en Northumbria derrubouse.

Eanred era fillo do rei Eardwulf, deposto por un descoñecido Ælfwald en 806. De acordo á Historia da Igrexa de Durham, Ælfwald gobernou durante dous anos antes de ser sucedido por Eanred. Con todo, fontes francas afirman que, despois de ser expulsado de Inglaterra, Eardwulf foi recibido por Carlomagno e, a continuación, polo papa, e que os seus enviados o escoltaron de regreso a Northumbria e aseguraron a súa restauración. Por tanto, a natureza precisa da sucesión de Eanred non está clara. Todas as fontes están de acordo en que Eanred, finalmente, foi sucedido polo seu fillo, Aethelred.

Styca de cobre do rei Eanred.

O reinado de Eanred ve a aparición da styca, un novo estilo da moeda que substitúe á anterior sceat. Estes stycas tiñan baixo contido en prata, e as moedas posteriores serían efectivamente de latón. Producido en York, gran cantidade desta moeda sobreviviu e o nome de varios cuñadores aparece nas moedas sobreviventes, o que suxire que foron cuñadas en cantidades significativas. Higham estima que centos de miles de stycas estaban en circulación. A distribución dos achados monetarios suxire que o seu uso principal era o comercio exterior e que, á parte do pago dos impostos, as moedas foron pouco utilizadas pola gran maioría de northumbrianos na vida diaria.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]