Penda
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 606 |
| Morte | 15 de novembro de 655 Cock Beck, Reino Unido (en) |
| Causa da morte | morte en combate |
| Rei de Wessex | |
| 642 – 645 ← Cenwalh de Wessex – Cenwalh de Wessex → | |
| Rei de Mercia | |
| 632 – 15 de novembro de 655 ← Cearl de Mercia – Peada de Mercia → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Paganismo anglo-saxão (pt) |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Outro | |
| Título | Rei |
| Familia | Iclingas (en) |
| Cónxuxe | Cinevisa |
| Fillos | Wilburga of Mercia, Cinesvida, Edebura de Bicester, Edith of Aylesbury, Cinebura, Merewalh, Peada de Mercia, Aethelred de Mercia, Wulfhere de Mercia |
| Pai | Pybba de Mercia |
| Irmáns | Eowa de Mercia |
| Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography The Nuttall Encyclopædia >>>:Penda Encyclopædia Britannica |
Penda de Mercia, finado o 15 de novembro de 655[1], foi un rei de Mercia, reino situado no que hoxe constitúen as actuais Midlands inglesas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Penda era un rei pagán nunha época na que o cristianismo estaba a se estender por moitos dos reinos anglosaxóns. Participou na derrota do poderoso rei de Northumbria, Edwin, na batalla de Hatfield Chase en 633.[2] Nove anos máis tarde, derrotou e acabou coa vida do sucesor de Edwin, Oswald de Northumbria, na batalla de Maserfield. A partir desa vitoria Penda podería ser o máis poderoso gobernante anglosaxón da época.
Derrotou a Anglia Oriental, obrigou ao rei Cenwalh de Wessex a se exiliar durante tres anos, e continuou a guerra contra os bernicianos de Northumbria. Trece anos despois da vitoria de Maserfield, sufriu unha esmagadora derrota na batalla de Winwaed ao final dunha campaña contra os bernicianos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O Manuscrito A da Crónica anglosaxoa ofrece este ano e especifica unha data exacta, o 15 de novembro.
- ↑ O ano 633 é o que ofrece a Crónica anglosaxoa.