Sigeberht II de Essex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sigeberht II de Essex
Nacementomilenioxuliano
Falecementoc. 660
EtniaSaxóns
Ocupaciónmonarca
Paisen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Sigeberht II, alcumado o Bo (Bonus) ou o Bendito (Sanctus), foi rei dos saxóns do leste (reinou c. 653 ata o 660 ou 661), sucedendo ao seu parente Sigeberht I o Pequeno[1]. A pesar de que se creou un bispado en Essex baixo Melito, o reino recaera no paganismo e sería durante o reinado de Sigeberht cando se produciu unha sistemática reconversión. A única fonte para o seu reinado é Beda Historia Ecclesiastica, Libro III, capítulo 22.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Familia[editar | editar a fonte]

Á parte de referirse a un estraño parentesco, Beda ofrece pouca axuda para determinar as conexións familiares de Sigeberht. Nunha análise comparativa do material, Barbara Yorke suxire que Sigeberht puido ser fillo de Sæward e pai de Sigehere[2].

Poder e conversión[editar | editar a fonte]

Capela de St Peter-on-the-Wall, Bradwell-on-the-Sexa hoxe. Foto por Michael Rogers, 2002.

Sigeberht atopou un poderoso amigo no norte (amicus) e aliado no rei Oswiu de Bernicia (r. 642-670). A afirmación de Beda de que Sigeberht visitaba regularmente a corte berniciana e a natureza xenérica da influencia de Oswiu na carreira de Sigeberht, suxire que o equilibrio de poder estaba a favor de Oswiu.[3] Oswiu puido pretender a alianza para axudarlle a resistir máis eficazmente contra Penda de Mercia, como tamén a continuación da súa alianza con Peada, fillo de Penda e rei dos Ánglos Medios[4]

O retrato de Beda debe moito ao seu interese na conversión de Anglia Oriental. Pagán cando subiu ao trono, Sigeberht foi instado por Oswiu renunciar ás súas crenzas e aceptar o cristianismo. Como Peada, el e os seus seguidores foron bautizados polo bispo Finan nunha das propiedades de Oswiu chamada Ad Murum (presumibelmente na rexión do Muro de Hadrián, posibelmente Walbottle), a 12 millas da costa leste. A cerimonia puido ter lugar en 653 ou 654, antes do ataque de Penda[3].

A petición de Sigeberht, Oswiu enviou misioneiros a evanxelizar Anglia Oriental. O grupo foi dirixido por Cedd, recentemente chamado da súa misión en Mercia, e outros tres sacerdotes. Os seus esforzos consideráronse tan frutíferos que cando Cedd visitou a Finan en Lindisfarne, foi consagrado bispo de Essex. Cedd proseguiu fundando comunidades en Tilaburg (probablemente East Tílbury) e Ithancester (case certamente Bradwell-on-Sea). Estas actividades supuxeron unha extensión da autoridade da igrexa de Lindisfarne cara ao sur, o que se ten considerado "unha oportunista colonización berniciana da rexión"[3][5].

Asasinato[editar | editar a fonte]

Beda relata como Sigeberht se converteu nun rei piadoso que practica o perdón cristián, pero foi asasinado pola súa actitude. Os asasinos foron os seus propios parentes (propinqui), dous irmáns que se deixan sen nomear, enfadados co rei "porque estaba moi disposto a perdoar aos seus inimigos". Cedd excolmungara a un dos irmáns por estar casado fóra de lei e prohibiu a calquera entrar na súa casa ou cear con el. Desatendendo as palabras do bispo, aínda así, Sigeberht aceptou unha invitación dos irmáns para gozar da hospitalidade na súa casa. Cando se atopou a Cedd na estrada, prostrouse ante o santo e pediulle perdón, pero Cedd profetizou que o rei morrería na casa pola súa desobediencia. 

As circunstancias políticas suxiren un escenario un pouco diferente. Coa expulsión de Oswiu, o control de Bernicia sobre os asuntos de Essex debilitouse, e por iso, cando o sucesor de Sigeberht, Swithhelm, fillo de Seaxbald, necesitou un candidato para patrocinar o seu bautismo, dirixiuse ao rei de Anglia Oriental. Un cambio de lealdade ou afiliacións políticas entre a elite gobernanta saxoa pode axudar explicar o contexto da morte de Sigeberht[6]. Barbara Yorke mesmo levanta a posibilidade que Swithhelm tivese algo que ver co asasinato e que el e o seu irmán Swithfrith fosen os dous irmáns do relato de Beda[7].

A data da morte de Sigeberht é descoñecida, aínda que, como moito, tivo que ocorrer antes de 664, en cuxa data sabemos que Swithhelm estaba morto[8].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Yorke, "The Kingdom of the East Saxons." p. 9.
  2. Yorke, "The Kingdom of the East Saxons." p. 18.
  3. 3,0 3,1 3,2 Higham, Convert kings. p. 234.
  4. Yorke, Kings and Kingdoms of Early Anglo-Saxon England. p. 159.
  5. Kirby, The Earliest English Kings. p. 80.
  6. Higham, Convert kings. p. 249.
  7. Yorke, Kings and Kingdoms of Early Anglo-Saxon England. p. 48; "The Kingdom of the East Saxons." p. 32.
  8. Kirby, The Earliest English Kings. p.83.