Ceolwald de Mercia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ceolwald de Mercia
Falecementoséculo VIII
EtniaAnglos
Ocupaciónmonarca
PaiAethelred de Mercia
IrmánsCeolred de Mercia
editar datos en Wikidata ]

Ceolwald de Mercia puido ser un rei de Mercia ao redor de 716.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ceolred, fillo de Aethelred e neto de Penda, morreu en 716. A maioría das listas dos reis mercios rexistran que Ceolred foi sucedido por Aethelbald, que non era descendente de Penda. Con todo, unha destas listas procedente da Catedral de Worcester, rexistra que Ceolred foi sucedido por Ceolwald. Pola similitude dos seus nomes, Ceolwald parece ser irmán de Ceolred e o último dos descendentes directos de Penda que gobernou en Mercia. Poida que Ceolwald fose rei por un curto período de tempo, xa que Aethelbald se converteu en rei ao ano seguinte da morte de Ceolred.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kirby, D.P., The Earliest English Kings. Londres: Unwin Hyman, 1991. ISBN 0-04-445691-3
  • Yorke, Barbara, Kings and Kingdoms in Early Anglo-Saxon England. Londres: Seaby, 1990. ISBN 1-85264-027-8