Creoda de Mercia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Creoda de Mercia
Creda - John Speed.JPG
Nacemento c. 540
Falecemento 593
Ocupación monarca
Pai Cynewald de Mercia
Fillos Pybba de Mercia e Cearl de Mercia
editar datos en Wikidata ]

Creoda (Cryda ou Crida), nado e finado no século VI puido ser o primeiro rei do reino anglosaxón de Mercia, gobernando cara ao fin do século VI[1][2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Malia aparecer mencionado nunha xenealoxía na Crónica anglosaxoa, a Creoda non se lle concede o título de rei. A súa existencia é discutida por algúns eruditos. Barbara Yorke escribiu: "Aínda é posíbel que algunha clase de lista de reis puidese ser a fonte da información (aínda que as listas de Worcester empezan con Penda), estas entradas poderían ser nada máis que intelixentes exercicios de suposición baseados nos nomes derivados de Beda e da xenealoxía de Æthelred, mentres que as datas parecen estaren influídas por unha entrada na Crónica anglosaxoa para a morte dun Creoda de Wesex..As fontes sobreviventes permítennos dicir con seguridade pouco máis que o reino de Mercia xa existía a finais do século VI[3]".

A opinión de Yorke foi compartida polo Profesor de Historia Medieval Nicholas Brooks, que escribiu: "A pesar da tentativa de defensa do Profesor Davies sobre a historicidade deste material, non pode afirmarse con certeza que o que hai tras esas entradas dispersas nas obras de Henrique de Huntingdon, Roger de Wendover e Mateo de París sexa algo máis importante que meras conxecturas enxeñosas dun monxe inglés, quizais dunha época tan posterior como de comezos do século XII, partindo dos nomes dispoñíbeis en Beda, a xenealoxía real Mercia e a Crónica anglosaxoa. Con esta interpretación non sería sorprendente que eles encaixasen máis ou menos os fragmentos de información que temos na historia temperá de Mercia; pois o compilador destas entradas pode ter acceso ás mesmas fontes que están dispoñíbeis para nós[4]".

A suxestión que Creoda era un rei de Mercia pode atoparse na Historia Anglorum, escrita por Henrique de Huntingdon na primeira metade do século XII[5]. A presunta morte de Creoda foi reportada por Henrique de Huntingdon como sucedida en 593, pero parece estar baseada nunha confusión, porque nese ano se especifica a morte dun home chamado Crida, pero o contexto suxire que o falecido era de Wessex e non de Mercia[2][6][7][8].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. An Anglo-Saxon Chronicle. Psychology Press. ISBN 978-0-415-92129-9. 
  2. 2,0 2,1 Mercia: An Anglo-Saxon Kingdom In Europe. Continuum International Publishing Group. ISBN 978-0-8264-7765-1. 
  3. Kings and Kingdoms of Early Anglo-Saxon England. Routledge. ISBN 978-0415166393. 
  4. Anglo-Saxon Myths: State and Church, 400-1066: State and Church, 400-1066. Hambledon Continuum. ISBN 978-1852851545. 
  5. HA, II, 26
  6. ASC C, s. a. 593
  7. W. Davies, "Annals and the Origin of Mercia", p. 23
  8. B. Yorke: The Origins of Mercia, p. 18