Saltar ao contido

Siefredus de Northumbria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSiefredus de Northumbria

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoSegunda metade século IX Editar o valor en Wikidata
MorteDespois de 900 Editar o valor en Wikidata
Rei de Northumbria
895 (Gregoriano) – 900 (Gregoriano)
 GuthredCnut de Northumbria 
Monarca
Editar o valor en Wikidata

Siefredus (tamén escrito Sichfrith), foi rei da Northumbria conquistada polos viquingos, chamada Jórvik, desde o 895 ata o 900, datas deducidas polas moedas atopadas. Algúns autores identifícano cun pretendente ao trono de Irlanda do mesmo nome.

Moedas atopadas

[editar | editar a fonte]
Penique de prata de Siefredus.

En 1840 coñeceuse un grupo de máis de 8.000 moedas, o chamado tesouro de Cuerdale (Lancashire). Parte deste tesouro eran moedas de prata que levaban a inscrición en latín SIEFREDUS REX, un rei do que non tiña oído falar antes[1][2]. O nome doutro rei, que si que era coñecido, Cnut, apareceu noutras moedas do mesmo tesouro. A secuencia das moedas indicaba que Cnut gobernara despois de Siefredus, aproximadamente entre o 900 e o 905. Isto suxire que Siefredus sería o sucesor de Guthred, e que o seu reinado podería ser datado entre o 895 e o 900. Os nomes de Cnut e Siefredus están xuntos nalgunhas moedas, quizais para indicar que gobernaron conxuntamente por un tempo[3].

Identificación

[editar | editar a fonte]

O historiador Alfred Smyth e outros propuxeron que Siefredus podería ser a mesma persoa que foi á fronte dunha frota de viquingos para conquistar Wessex en 893. Tamén se suxeriu que podería ser o mesmo Sichfrith que aquel mesmo ano reclamou o trono de Dublín[3]. Aínda que non hai ningunha forma de saber se este é o mesmo Sichfrith mencionado nos Anais do Ulster, é plausíbel, e é moi probábel que teña habido contacto entre o reino viquingo de Northumbria e de Dublín neste período[4]. Presentáronse dúas teorías que compiten para explicar as orixes do Siefredus. Smyth propuxo que Siefredus fose un northumbriano que partiu cara a Dublín despois de que a súa frota desembarcase un exército no territorio de Wessex. Segundo esta teoría Siefredus  fracasou ao tomar a cidade por mor de desavinzas entre os viquingos de Dublín, revolta que consta nos Anais do Ulster[5]. Angus, por outra banda, propón que Siefredus era de Dublín e que marchou cara a illa de Gran Bretaña cando fracasou no intento de acadar o trono[6]. A explicación de Smyth é considerada a máis probábel xa que na Crónica de Æthelweard se dá a entender que Sichfrith era northumbriano[4]. Unha terceira explicación é a proposta por Cannon e Hargreaves, segundo a cal Siefredus e Cnut sería a mesma persoa[7].

  1. Ullditz 2014, p. 199–200.
  2. Logan 2005, p. 141.
  3. 1 2 Downham 2007, p. 79–80.
  4. 1 2 Downham 2007, p. 73.
  5. Smyth 1975, p. 34.
  6. Angus 1965, p. 147.
  7. Cannon & Hargreaves 2009, p. 64–65.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]