Ragnall ua Ímair

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Non confundir con Ragnall mac Ímair, rei viquingo do reino de Waterford (1000-1018).
Ragnall ua Ímair
Falecemento921
 York
EtniaViquingo
Ocupaciónmonarca
editar datos en Wikidata ]

Ragnall (irlandés antigo: Ragnall ua Ímair; nórdico antigo: Rögnvaldr), finado en 920 ou 921[1], foi un caudillo hiberno-nórdico, monarca viquingo do reino de Northumbria, probabelmente tamén do oeste e norte de Escocia e case con certeza das illas Hébridas, tamén dominou a rexión do mar de Irlanda e a illa de Man, derrotando en batalla naval a Bárid mac Oitir en 914[2][3], que encabezou a defensa do reino viquingo de Mann en 914. chegando o seu poder até o sur (no reino de Waterford), a provincia irlandesa de Munster e brevemente tamén o reino viquingo de Jórvik (York) en Inglaterra que se diferenciaba de Northumbria naquel tempo[4].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ragnall foi un dos netos de Ímar, o fundador da dinastía Uí Ímair (ou Casa de Ivar), e compartía o poder con outros nobres con vínculos de sangue como Sitric Cáech e Gofraid ua Ímair. A súa identidade cuestionouse durante certo tempo, pero cada vez ten máis peso a teoría de que Ragnall é a figura histórica de Rognvald Eysteinsson, personaxe que aparece na saga Orkneyinga como suxeriu o historiador Alex Woolf[5][6]

O Ímar de quen descende Ragnall é un personaxe chamado o «rei dos homes do norte de toda Britania e Irlanda», cuxa morte consta nos Anais de Ulster en 873; ás veces identificouse como un dos caudillos do gran exército pagán, Ivar o Desosado, pero tal suposto non ten base argumentada[7].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hart, Cyril (2004). "Oxford Dictionary of National Biography". Ragnall (m. 920/21). Consultado o 25 de outubro de 2007.  p. 94
  2. Anais do Ulster, ano 913
  3. Woolf, Alex (2007). From Pictland to Alba, 789–1070. The New Edinburgh History of Scotland. Edinburgh: Edinburgh University Press. ISBN 9780748612345.  P. 140
  4. Forte, Oram e Pedersen (2005), Viking Empires, isbn 0-521-82992-5 Cap. IV p. 102.
  5. Woolf, Alex (2007). From Pictland to Alba, 789–1070. The New Edinburgh History of Scotland. Edinburgh: Edinburgh University Press. ISBN 9780748612345.  p. 300–303
  6. Downham, Clare (2007). Viking Kings of Britain and Ireland: The Dynasty of Ívarr to A.D. 1014. Edinburgh: Dunedin. ISBN 9781903765890. 
  7. Ó Cróinín, Dáibhí (1995). Early Medieval Ireland 400–1200. Longman History of Ireland. London: Longman. ISBN 0-582-01565-0.  p. 250–254

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]