Raedwulf de Northumbria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRaedwulf de Northumbria
Biografía
NacementoI milenio Editar o valor em Wikidata
Morte844 Editar o valor em Wikidata
Elvet (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rei de Northumbria
844 – 844
← Aethelred II de NorthumbriaAethelred II de Northumbria → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Styca de cobre do rei Raedwulf.

Raedwulf (tamén escrito Rædwulf), foi rei de Northumbria por un curto período de tempo difícil de definir, cando depuxeron a Eanred.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Non se sabe cales foron os seus antepasados, pero crese probábel que os reis Osberht e Aelle de Northumbria fosen parentes seus.

Atopáronse moedas do seu reinado. A única bibliografía antiga que o nomea é a Flores Historiarum de Roger de Wendover, na que se di que morreu loitando contra os pagáns, unha palabra coa que o autor se refire aos viquingos[1][2].

Nos anais do Flores Historiarum dátase o inicio do seu reinado no ano 844, pero a análise cronolóxica non dá moita credibilidade a esta data. O descubrimento dunha moeda co nome de Eanred, datada preto de 850, fixo repensar a datación dos reis posteriores[3]. Segundo esta nova visión, o reinado de Rædwulf podería ser arredor do ano 858[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rollason 2003, p. 212.
  2. Douglas & Whitelock 1979, p. 282.
  3. Pagan 1969, p. 1-15.
  4. Kirby 1992, p. 198.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]