Ceolwulf I de Mercia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ceolwulf I de Mercia
Early Medieval coin, Penny of Coelwulf I. (FindID 140348).jpg
Nacementoséculo VIII
Falecemento823
EtniaAnglos
Ocupaciónmonarca
PaiCuthberht of Mercia
FillosÆlfflæd of Mercia
IrmánsCuthred de Kent e Coenwulf de Mercia
Na rede
WikiTree: Mercia-36
editar datos en Wikidata ]

Ceolwulf foi un rei de Mercia, Anglia Oriental e Kent, entre 821 e 823. Era irmán de Cœnwulf, o seu predecesor, e foi deposto por Beornwulf.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Guillerme de Malmesbury declarou que, despois de Coenwulf: "o reino dos mercianos en declive, e se podo utilizar a expresión, case inerte, non produciu nada digno de conmemoración histórica". De feito, Mercia tivo un momento de gloria do que Guillerme non foi consciente. Indicando o ano 822, os ‘Annales Cambriae' rexistran: "A fortaleza de Degannwy (en Gwynedd) foi destruída polos saxóns e eles tomaron o reino de Powys baixo o seu mando".

Un diploma posterior describe unha situación turbulenta durante o reinado de Ceolwulf: "Despois da morte de Coenwulf, rei dos mercianos, producíronse moitos desacordos e innumerábeis disputas entre persoas principais de toda clase – reis, bispos, e ministros das igrexas de Deus- acerca de todo tipo de asuntos seculares". En 823, nalgún momento despois do 26 de maio, en cuxa data concedeu terreos ao arcebispo Wulfred a cambio dun barco de ouro e prata, Ceolwulf foi derrocado e substituído por Beornwulf, cuxa ascendencia nos é descoñecida.

Ceolwulf gobernara Kent directamente – nos seus dous diplomas aparece mencionado como ‘rei dos mercianos e dos homes de Kent'. Beornwulf colocaría un parente seu, Baldred, no trono de Kent.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]