Ragnall Guthfrithsson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir con Ragnald Godfredsson de Mann
Ragnall Guthfrithsson
Silver penny of Ragnall Guthfrithson (YORYM 2003.278) obverse.jpg
Nacementovalor descoñecido
Falecemento945
Ocupaciónrei
PaiGofraid ua Ímair
editar datos en Wikidata ]

Ragnall Guthfrithsson (nórdico antigo: Røgnvaldr Guðrøðsson, irlandés antigo: Ragnall mac Gofraid), finado en 944 ou 945, foi un monarca hiberno-nórdico do reino viquingo de York que gobernou en diarquía co seu primo Amlaíb Cuarán no século X.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Gofraid ua Ímair, bisneto de Ímar, e irmán do rei viquingo de Dublín Blácaire mac Gofrith, por tanto pertence á lendaria e poderosa dinastía Uí Ímair[1].

Ragnall e Amlaíb gobernaron York até 944 cando son expulsados. A cronoloxía dos feitos entre a morte de Aethelstan, rei de Inglaterra, e a expulsión de Amlaíb e Ragnall non está clara, xa que as diferentes versións da Crónica Anglosaxoa non se poñen de acordo[2]. A Crónica Anglosaxoa relata que:

O rei Edmund conquistou toda Northumbria e puxo en fuga aos dous reis Olaf e Rægnald[3].

É posíbel que a presunta rivalidade entre ambos os caudillos viquingos contribuíse á súa caída[4]. Ragnall morreu no seu intento de recuperar York.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Downham, Viking Kings, pp. 43, 241 & 248; Costambeys, "Ragnall Guthfrithson"; Hudson, "Óláf Sihtricson"; Hudson, Viking Pirates, pp. 33–34; Woolf, Pictland to Alba, p. 181; Annals of Clonmacnoise, s.a. 933.
  2. Higham, "Five Boroughs"; Higham, Kingdom of Northumbria, p. 193; Miller, "Edmund"; Woolf, Pictland to Alba, p. 174; pero que Amlaíb controlase o Danelaw de Mercia é cuestionado por Downham, Viking Kings, pp. 108–109.
  3. Swanton, Anglo-saxon Chronicle, pp. 110–111, Ms. A, s.a. 944, Ms. E., s.a. 944.
  4. Downham, Viking Kings, pp. 46 & 111–112; Woolf, Pictland to Alba, p. 182.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]