Ecgfrith de Mercia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ecgfrith de Mercia
Nacementoséculo VIII
Falecemento17 de decembro de 796
EtniaAnglos
PaiOffa de Mercia
NaiCynethryth
FillosCyneðryð
IrmánsÆlfthryth of Crowland, Ælfflæd of Mercia e Eadburh
editar datos en Wikidata ]

Ecgfrith de Mercia[1] (inglés Ecgfrith, anglosaxón Ecgfriþ /'edʒfriθ/), finado en decembro de 796, foi un rei de Mercia que gobernou brevemente en 796.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o fillo e herdeiro do rei Offa de Mercia e a súa esposa Cyneþryþ. En 787, Offa coroouno como cogobernante. Sucedeu ao seu pai en xullo de 796, pero a pesar dos esforzos de Offa para asegurar a sucesión do seu fillo, está rexistrado que Ecgfrith gobernou só cento corenta e un días. Se consideramos que a morte de Offa ocorreu o 26 ou 29 de xullo, significa que Ecgfrith morreu o 14 ou o 17 de decembro.

Ecgfrith foi o primeiro rei anglosaxón que recibiu a consagración cristiá como parte da súa coroación[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Roger Collins, La Europa de la Alta Edad Media, Madrid, Akal (Historia de Europa, 210), 2000, pág. 253. ISBN 978-84-460-1267-2
  2. Keay, A. (2002)The Crown Jewels, publisher The Historic Royal Palaces, ISBN 1-873993-20-X