Hussa de Bernicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hussa de Bernicia
Nacementoséculo VI
Falecemento593 e 592
NacionalidadeBernicia
EtniaAnglos
Ocupaciónmonarca
PaiIda de Bernicia
FillosHering, filho de Hussa
editar datos en Wikidata ]

Hussa foi rei do reino anglosaxón de Bernicia desde 585 até 592.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Non é totalmente seguro quen foi Hussa, quizais fose un fillo de Ida, o fundador do reino de Bernicia, ou talvez fose un líder rival, que tomou o poder despois de que Frithuwald morreu. Moi pouco se sabe da vida ou reinado de Hussa. Nalgún punto do seu reino a coalición de forzas de Rheged e os reinos bretóns de Strathclyde, Bernicia e Elmet atacaron a Hussa e case acadaron o éxito en expulsar aos reis anglos bernicianos fóra de Britannia. Crese que a alianza fracasou por unha disputa entre as diferentes tribos británicas que terminaron co asasinato de Urien, o rei de Rheged, ao redor do ano 590.

De todas as maneiras, segundo a Crónica Anglosaxoa tras a morte de Hussa, houbo un conflito entre a familia de Hussa e a de Æthelfrith, o sucesor de Hussa, xa que di que Hering o fillo de Hussa, conduciu ao exército de Áedán mac Gabráin en contra de Æthelfrith na Batalla de Degsastan en 603.

Os anos que reinou Hussa son debatidos, xa que as poucas fontes de información que existen varían moito en detalles da orde e tempo dos reis entre a morte de Ida e o comezo do reino de Æthelfrith en 592/593.