Pobo paxto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pobo paxto
Tribal and religious leaders in southern Afghanistan.jpg
Líderes relixiosos paxtos en Afganistán.
Poboación
Poboación total:
c  49 millóns (2009)[1]
Rexións principais:
Flag of Pakistan.svg Paquistán30 699 037 (2008)[2]
Flag of Afghanistan.svg Afganistán13 750 117 (2008)[3]
Flag of the United Arab Emirates.svg Emiratos Árabes Unidos338 315 (2009)[4]
Estados Unidos de América Estados Unidos138 554 (2010)[5]
Flag of Iran.svg Irán110 000 (1993)[6]
Aspectos culturais
LinguaLingua paxta
RelixiónStar and Crescent.svg islam, principalmente sunnitas, con minorías xiítas

Os paxtos[7], noutras fontes tamén chamados pashtus[8] ou pashtos[9] (en paxto: پښتانه Pax̌tānə; singular masculino: پښتون Pax̌tūn, feminino: پښتنه Pax̌tana), son un grupo étnico iranio[10] que viven principalmente en Paquistán e Afganistán.[11] Falan a lingua paxta e practican o pashtunwali, que é o seu código de conduta ético e tradicional. A etnoxénese do grupo étnico paxto non está claro pero os historiadores teñen referencias de pobos antigos chamados pakthas (Pactyans) entre o II e I milenio a. C.,[12][13] que poden ser os seus devanceiros. A súa historia sempre se cinguíu ó territorio dos actuais estados de Paquistán e Afganistán.

Globalmente, estímase que os paxtos roldan os 50 millóns de persoas,[1] pero non existe unha cifra máis exacta pola falta de censo oficial en Afganistán dende 1979. A maioría dos paxtos viven na rexión chamada Paxtonistán, que foi dividida en dous dende que os británicos impuxeron a liña Durand. Tamén existen significativas comunidades paxtas na diáspora, nas cidades de Sind e Punjab en Paquistán, en particular Karachi e Lahore. Unha recente diáspora paxta desenvolveuse nos estados árabes do Golfo Pérsico, principalmente nos Emiratos Árabes Unidos. Os paxtos son unha significativa minoría en Paquistán, onde forman o segundo meirande grupo étnico, ou o 15% da poboación. Como o principal grupo étnico de Afganistán (onde representan entre o 42% e o 60% da poboación), os paxtos foron o grupo etnolingüístico dminante durante máis de 300 anos. Durante a era do Sultanato de Delhi, a dinastía Lodi dos séculos XV e XVI substituíu brevemente os gobernantes do norte da India, até que Babur depuxo a dinastía Lodi. Outros paxtos loitaron contra a dinastía safávida e contra o Imperio mogol antes de obter un estado independente a comezos do século XVIII,[14] que comezou coa exitosa revolución de Mirwais Hotak seguida da conquista de Ahmad Shah Durrani.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Lewis, Paul M. (2009). SIL International, ed. "Pashto, Northern". Dallas, Texas: Ethnologue: Languages of the World, Sixteenth edition. Consultado o 18 de setembro de 2010. Ethnic population: 49,529,000 possibly total Pashto in all countries. 
  2. The World Factbook (ed.). "Pakistan population: 199,085,847 (July 2015 est.) [Pashtun (Pathan) 15.42%] = 30,699,037". Central Intelligence Agency (CIA). Consultado o 10 de febreiro de 2012. 
  3. http://www.umsl.edu/services/govdocs/wofact2008/geos/af.html
  4. Encyclopædia Britannica World Data (ed.). "United Arab Emirates: Demography" (PDF). Encyclopædia Britannica Online. Consultado o 15 de marzo de 2008. 
  5. 42% of 200,000 Afghan-Americans = 84,000 and 15% of 363,699
  6. SIL International (ed.). "Ethnologue report for Southern Pashto: Iran (1993)". Ethnologue: Languages of the World. Consultado o 5 de maio de 2012. 
  7. "paxto". TERGAL. Consultado o 18 de xuño de 2017. 
  8. Entrada pashtu na Diciopedia do século 21
  9. Entrada pashto no Digalego
  10. Oral Literature of Iranian Languages: Kurdish, Pashto, Balochi ..., Volume 18 : page 89
  11. Thomas Gouttierre, Center For Afghanistan Studies, University of Nebraska at Omaha; Matthew S. Baker, Stratfor, ed. (2003). "Ethnic map of Afghanistan" (PDF). National Geographic Society. Consultado o 24 de outubro de 2010. 
  12. Nath, Samir (2002). Sarup & Sons, ed. Dictionary of Vedanta. p. 273. ISBN 81-7890-056-4. Consultado o 10 de setembro de 2010. 
  13. "7". The History of Herodotus. Translated by George Rawlinson. The History Files. 4 de febreiro de 1998. Consultado o 10 de xaneiro de 2007. 
  14. Romano, Amy (2003). A Historical Atlas of Afghanistan. The Rosen Publishing Group. p. 28. ISBN 0-8239-3863-8. Consultado o 17 de outubro de 2010. 
  15. Louis Dupree, Nancy Hatch Dupree. "Last Afghan empire". Encyclopædia Britannica Online. Consultado o 10 de setembro de 2010.