Migración

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denomínase migración a todo desprazamento dunha poboación (humana ou animal) que se produce desde un lugar de orixe a outro de destino e leva consigo un cambio da residencia habitual no caso das persoas ou de hábitat no caso das especies animais migratorias.

De acordo co anterior existirán dous tipos de migracións: migracións humanas e moigracións animais. As migracións de seres humanos estúdanser tanto pola demografía como pola xeografía da poboación. E as de especies de animais estúdanse no campo da zooloxía, da bioxeografía e no da ecoloxía. Os artigos que se poden consultar ao respecto son:

  • Migración humana, que presenta dous enfoques: o da emigración, desde o punto de vista do lugar ou país de onde sae a poboación; e o da inmigración, desde o punto de vista do lugar ou país a onde chegan os "migrantes".
  • Migración animal, desprazamentos periódicos, estacionais ou permanentes, de especies animais, dun hábitat a outro.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.