Os somalís étnicos son de 16 a 20 milóns de individuos, que se concentran principalmente en Somalia (uns 9 millóns),[7]Etiopía (4,6 millóns), Kenya (2,4 millóns) e Djibuti (524 000) e, ao outro lado do mar Vermello, no Iemen.
Os habitantes no seu lugar de orixe, o corno de África, eran tadicionalmene pastores nómades que, a causa da intensa competencia por uns recursos limitados, foron extremadamente individualistas e víronse frecuentemente implicados en inimizades a morte ou a guerras cos clans e os pobos veciños.
Unha segunda categoría de somalís autóctonos son os cidadáns e os agricultores das concentracións urbanas, especialmente ao longo da costa do mar Vermelo e do océano Índico, no corno de África, moitos dos cales traballaban como intermediarios comerciais entre o Mundo árabe e os nómades do interior.
↑Ministry of State for Planning, National Development and Vision 2030 (ed.). "2009 POPULATION & HOUSING CENSUS RESULTS"(PDF). Arquivado dende o orixinal(PDF) o 13 de novembro de 2011. Consultado o 17 de setembro de 2014.