Museo Arqueolóxico Nacional de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo Arqueológico Nacional
Museo Arqueológico Nacional de España 01.jpg
Fachada da Rúa Serrano
Coordenadas 40°25′25″N 3°41′22″O / 40.42361, -3.68944Coordenadas: 40°25′25″N 3°41′22″O / 40.42361, -3.68944
País España
Cidade Madrid
Director Andrés Carretero Pérez

O Museo Arqueológico Nacional (nome oficial) está situado na rúa Serrano, no chamado Palacio de Bibliotecas e Museos, que comparte coa Biblioteca Nacional, e á beira da Praza de Colón en Madrid, (España).

Historia[editar | editar a fonte]

Fundouse en 1867 por Real Decreto de Isabel II. A súa creación estivo motivada pola necesidade de dispor dun museo onde, do mesmo xeito que nos restantes países europeos, puidesen conservarse, clasificar e expor os materiais arqueolóxicos, etnográficos, de artes decorativas e numismáticas que reuniran os monarcas españois na Real Biblioteca, no Real Gabinete de Historia Natural e noutras institucións.

Directores[editar | editar a fonte]

Desde 1999 o director é designado polo ministerio a cargo de asuntos culturais (no 2007, é o Ministerio de Cultura), a proposta do Director Xeral de Belas Artes e Bens Culturais.

Directores
Nome Período Imaxe
Pedro Felipe Monlau 1867-1868 Museo Arqueológico Nacional - 1971-50-1 - Pedro Felipe Monlau.jpg
José Amador de los Ríos y Serrano 1868 Museo Arqueológico Nacional - 1990-123-11 - José Amador de los Ríos.jpg
Ventura Ruiz Aguilera 1868-1872 Museo Arqueológico Nacional - FD01112 - Ventura Ruiz Aguilera.jpg
Antonio García Gutiérrez 1872-1884 Museo Arqueológico Nacional - FD01107 - Antonio García Gutiérrez.jpg
Francisco Bermúdez de Sotomayor 1884-1886 Museo Arqueológico Nacional - FD01104 - Francisco Bermúdez de Sotomayor.jpg
Basilio Sebastián Castellanos de Losada 1886-1891 Museo Arqueológico Nacional - Basilio Sebastián Castellanos de Losada.jpg
Juan de Dios de la Rada y Delgado 1891-1900 Museo Arqueológico Nacional - FD01108 - Juan de Dios de la Rada.jpg
Juan Catalina García López 1900-1911 Museo Arqueológico Nacional - FD01108 - Juan Catalina García.jpg
Rodrigo Amador de los Ríos y Villalta 1911-1916 Museo Arqueológico Nacional - FD01106 - Rodrigo Amador de los Ríos y Fernández Villalta.jpg
José Ramón Mélida Alinari 1916-1930 Museo Arqueológico Nacional - FD00250 - José Ramón Mélida Alinari.jpg
Francisco de Paula Álvarez-Ossorio y Farfán de los Godos 1930-1939 Museo Arqueológico Nacional - FD00318 - Francisco Álvarez-Ossorio y Farfán de los Godos.jpg
Casto María del Rivero 1937
Cayetano de Mergelina 1937-1939
Blas Taracena Aguirre 1939-1951 Museo Arqueológico Nacional - 1990-123-6 - Blas Taracena Aguirre.jpg
Joaquín María de Navascués y de Juan 1952-1966 Museo Arqueológico Nacional - 1990-123-7 - Joaquín María de Navascués.jpg
Augusto Fernández de Avilés y Álvarez-Ossorio 1967-1968
Martín Almagro Basch 1968-1981 Museo Arqueológico Nacional - FD00334 - Martín Almagro Basch.jpg
Eduardo Ripoll Perelló 1981-1986 Museo Arqueológico Nacional - 2001-4-956 - Eduardo Ripoll Perelló.jpg
José Alfonso Moure Romanillo 1987-1988 Museo Arqueológico Nacional - 2001-4-2150 - José Alfonso Moure Romanillo.jpg
José María Luzón Nogué 1988-1991 Museo Arqueológico Nacional - José María Luzón Nogué 02.jpg
María del Carmen Pérez Díe 1991-1997 Museo Arqueológico Nacional - 2001-4-2149 - María del Carmen Pérez Díe.jpg
Martín Almagro Gorbea 1998-1999 Museo Arqueológico Nacional - 2001-4-2134 - Martín Almagro Gorbea.jpg
Marina Chinchilla Gómez 1999-2000
Miguel Ángel Elvira Barba 2000-2004 Museo Arqueológico Nacional - 2013-73-1 - Miguel Ángel Elvira Barba.jpg
Rubí Sanz Gamo 2004-2010 Museo Arqueológico Nacional - Rubí Sanz Gamo 01.jpg
Andrés Carretero Pérez desde 2010 Museo Arqueológico Nacional - RP-2014-07-14 - Andrés Carretero Pérez.jpg

O edificio[editar | editar a fonte]

Praza de Colón.

A primeira sede foi provisoria: un antigo palacete da rúa de Embaixadores chamado o Casino da Raíña, que pertencera a Isabel de Bragança, esposa de Fernando VII.

En 1895, os seus fondos foron trasladados definitivamente ao Palacio de Biblioteca e Museos.

O edificio ocupaba os terreos dunha antiga leira coñecida como a horta de San Filipe Neri. Empezouse a construír en 1866 sobre os planos de Francisco Jareño e Alarcón, pero as obras non concluíron ata 1892, baixo a dirección de Antonio Ruiz de Salces. O edificio, de estilo neoclásico, é de planta rectangular, con catro grandes patios interiores. A fachada que dá á rúa de Serrano presenta unha portada con columnas dóricas na entrada e unha columnata xónica da balconada no piso superior. No xardín de acceso atópase a reprodución da cova de Altamira.

Fondos[editar | editar a fonte]

Contaba no ano 2003 con 34 salas que abarcaban 22 períodos da cultura e historia de España. Nel pódense atopar obras tan importantes como:

Ademais, conta cunha reprodución do teito dos polícromos da cova de Altamira no xardín exterior, cuxo orixinal atópase en Santillana del Mar (Cantabria).

Pezas galegas no museo[editar | editar a fonte]

Galicia ten unha presenza significativa no patrimonio que se conserva no museo.[1]

Pezas galegas no Museo Arqueolóxico Nacional
Escultura masculina togada. 
Parteluz do Cristo Salvador. 

Notas[editar | editar a fonte]

O contido deste artigo incorpora material dunha entrada da Enciclopedia Libre Universal, publicada en castelán baixo a licenza GFDL.
  1. Rodríguez, Salvador. "Galicia en el Museo Arqueológico Nacional" en Estela, Revista dominical de Faro de Vigo, 20/4/2014.
  2. San Paio de Antealtares na páxina do MAN.
  3. Catedral de Santiago de Compostela na páxina do MAN.
  4. 4,0 4,1 "Puente Punide" [sic] na páxina do MAN.
  5. Togate figure no Google Art Project.
  6. 6,0 6,1 Cultura castrexa na páxina do MAN.
  7. Vigo na páxina do MAN.
  8. Santiago de Compostela na páxina do MAN.
  9. Bronces coa caetra na páxina do MAN.
  10. Montefaro na páxina do MAN.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]