Museo de Moedas e Medallas Joseph Puig
Museo de Moedas e Medallas Joseph Puig | |
---|---|
Coordenadas | 42°41′57″N 2°53′01″L / 42.69917, -2.88361 |
País | Francia. |
Cidade | Perpiñán |
Tipo | Museo numismático |
Inauguración | 1984. |
Visitantes | 1.912 (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Museo de Moedas e Medallas Joseph Puig é un museo numismático situado en Perpiñán, Francia. É de xestión municipal e, xunto co Museo de Historia Natural e o Museo Casa Pairal, forma parte do Centro Museístico do Departamento de Cultura.
O museo é tamén a sede da Asociación Numismática do Rosellón.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O museo ten a súa orixe na colección numismática do industrial dos tecidos Joseph Puig (1859-1929), quen grazas á fortuna nos seus negocios, construíu en 1907 a propiedade Les Tilleuls, en Perpiñán, deseñada polo arquitecto dinamarqués Viggo Dorph-Petersen. [2][3]
Para evitar a dispersión da súa colección, Puig fixo a cidade de Perpiñán legataria universal de todo o seu patrimonio, sinaladamente as súas propiedades inmobiliarias, a súa biblioteca e as súas diversas coleccións, coa condición de que a colección de moedas e medallas se expuxese permanentemente na vila Les Tilleuls.[2] Esta colección abranguía daquela unhas 30.000 pezas, entre moedas, medallas e outros obxectos afíns.[3][4]
De 1954 a 1984 estivo aberto no edificio un gabinete numismático para os investigadores e os interesados, e en 1984 creouse formalmente o museo, con máis de 45.000 pezas.[4][5]
A colección numismática
[editar | editar a fonte]Moedas
[editar | editar a fonte]As moedas da colección corresponden a todas as épocas e a unha gran diversidade de países e culturas, desde a Antigüidade ata o euro.[6] Ademais das pezas individuais, o museo foi o depositario de diversos tesouros monetarios achados na zona de Perpiñán, entre eles o tesouro de Bompas —de moedas romanas e galas—, o tesouro de Saint-Estève —de moedas de Afonso I de Aragón— e o tesouro de Villeneuve de la Raho —composto por moedas de Pedro I de Aragón—.[7]
Tamén forman parte da colección unha boa representación de moedas cuñadas no obradoiro monetario de Perpiñán,[8] e un gran número de moedas de necesidade e de fichas e pseudomoedas vinculadas ás institucións eclesiásticas, coñecidas como pallofes na tradición catalá.[9]
Medallas
[editar | editar a fonte]A colección abrangue tamén medallas de ouro, de prata e de bronce, algunhas delas de alto valor histórico. Abundan as de temas relacionados con Cataluña e con personaxes ilustres do Rosellón, pezas de gravadores dos séculos XIX e XX e tamén condecoracións militares.[10]
A biblioteca
[editar | editar a fonte]A biblioteca de Joseph Puig, que ten a súa sede no terceiro andar do edificio, está especializada en numismática, historia e arqueoloxía, e conta con máis de 5.000 referencias, entre libros e publicacións periódicas, que poden ser consultados mediante unha cita.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "L'Association". Association Numismatique du Roussillon.
- ↑ 2,0 2,1 "Histoire de la collection". Musée des monnaies et médailles Joseph Puig.
- ↑ 3,0 3,1 "Présentation du Musée des monnaies et médailles Joseph Puig". Mairie-perpignan.fr
- ↑ 4,0 4,1 "Collections". Musée des monnaies et médailles Joseph Puig.
- ↑ "Le musée des monnaies et médailles Joseph Puig". Perpignan (Luc.greliche.free.fr).
- ↑ "Monnaies antiques et étrangères". Musée des monnaies et médailles Joseph Puig.
- ↑ "Trésors et monnaies rares". Musée des monnaies et médailles Joseph Puig.
- ↑ "L'atelier monétaire de Perpignan". Musée des monnaies et médailles Joseph Puig.
- ↑ "Autres formes monétaires". Musée des monnaies et médailles Joseph Puig.
- ↑ "Médailles". Musée des monnaies et médailles Joseph Puig.
- ↑ "Bibliothèque". Musée des monnaies et médailles Joseph Puig.