María del Carmen Pérez Díe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría del Carmen Pérez Díe

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1953 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Director of the National Archaeological Museum of Spain (en) Traducir
1991 – 1997
← José María Luzón NoguéMartín Almagro Gorbea →
Director de museo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoExiptoloxía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Museo Arqueolóxico Nacional de España (1980–) Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncomisaria de arte , conservadora , exiptóloga , arqueóloga , historiadora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1980 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2481829


María del Carmen Pérez Díe, nada en Madrid en 1953, é unha exiptóloga, conservadora e investigadora española, Desde 1980 traballa no Museo Arqueolóxico Nacional como Conservadora Xefa do Departamento de Antigüidades Exipcias e do Oriente Próximo. Entre 1991 e 1997 ocupou a dirección do Museo Arqueolóxico Nacional.

É membro de diferentes comités e asociacións como o Comité International pour L'Egyptologie, a Asociación Española de Egiptología e do Comité Español para o salvamento de Tiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de especializarse en Exiptoloxía e Museoloxía no Cairo e París, Pérez Díe continuou cos seus estudos universitarios na Universidade Complutense de Madrid onde obtivo o seu Doutoramento con Premio Extraordinario en Historia antiga (1990) coa tese Heracleópolis Magna durante el Tercer Período Intermedio baseada no sitio arqueolóxico Heracleópolis Magna que ela mesma dirixe desde 1984.[1][2]

A súa actividade profesional como investigadora conta con máis de 100 publicacións sobre Exiptología e Museoloxía, é tamén conferencista en universidades, museos e congresos e realiza comisariados de numerosas exposicións relacionadas con Exipto, Sudán e Oriente Próximo.[3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Recibiu numerosos recoñecementos, como o Premio Nacional da Sociedade Xeográfica Española (2009), a Condecoración de Encomenda de Número da Orde de Isabel a Católica concedida polo Ministerio de Asuntos Exteriores (2009) e a Medalla de ouro do Supreme Council of Antiquities de Exipto (2010).[4][5]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Un nuevo vaso egipcio de alabastro en España. Homenaje al prof. Martín Almagro Basch, Vol. 2, 1983, ISBN 84-7483-348-5
  • EL túmulo 1 de la necrópolis de "Las Cumbres" (Puerto de Santa María, Cádiz) amb Diego Ruiz Mata. Tartessos: Arqueología protohistórica del bajo Guadalquivir / coord. por María Eugenia Aubet Semmler, 1989, ISBN 84-86329-48-5
  • V Congreso Internacional de Egiptología. Sefarad: Revista de Estudios Hebraicos y Sefardíes, ISSN 0037-0894, Ano 49, Nº. 1, 1989
  • Excavaciones de la misión arqueológica española en Heracleópolis Magna. Archivo español de arqueología, ISSN 0066-6742, Vol. 61, Nº 157-158, 1988
  • Ehnasya el Medina (Heracleopolis Magna): yacimiento de la misión arqueológica española. Treballs d'Arqueologia, ISSN-e 1134-9263, Nº. 2, 1992
  • Precisiones sobre la existencia en Madrid de una momia egipcia presunta hija de Ramses II. Revista de arqueología, ISSN 0212-0062, Nº 182, 1996
  • Arqueología en Egipto y Sudán: el proyecto de investigación de Ehnasya el Medina (Heracléopolis Magna), Egipto. Arbor: Ciencia, pensamiento y cultura, ISSN 0210-1963, Nº 635-636, 1998
  • El Proyecto "Heracleópolis Magna": investigación arqueológica y restauración amb María Antonia Moreno CifuentesPatrimonio cultural de España, ISSN 1889-3104, Nº. 2, 2009
  • Heracléopolis Magna. Sociedad Geográfica Española, ISSN 1577-3531, Nº 36, 2010,
  • Memoria de los trabajos realizados en Heracleópolis Magna (Ehnasa el Medina), Egipto. Informes y Trabajos, Nº. 9, 2012

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]