Saltar ao contido

Museo Casa de la Moneda (Madrid)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo Casa de la Moneda
Madrid Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Museo Casa de la Moneda (es) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1867 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
1867 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Rúa
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF151311214 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121825149 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Dialnet: 5308542
Wikidata C:Commons

O Museo Casa de la Moneda (galego: "Museo Casa da Moeda) é unha colección e exposición permanente de numismática da Real Casa de la Moneda - FNMT, en Madrid. O museo contén a maior colección numismática de España e unha das máis completas de Europa.

Está situado no edificio da FNMT, na rúa Doctor Esquerdo, en Madrid, e o seu director é Rafael Feria y Pérez desde 1988.[1][2]

En 1995, o Museo Casa de la Moneda recibiu o premio Excelente ao Mérito Numismático, outorgado pola Asociación Numismática Española.[3]

As orixes do museo remóntanse ao século XVIII e están estreitamente vinculadas á figura de Tomás Francisco Prieto, gravador xeral das casas de moeda do rei Carlos III. Prieto foi director de gravado na Real Academia de Belas Artes de San Fernando e fundador, en 1771, dunha escola de gravado na que se formaban os artistas que posteriormente traballarían nas reais casas de moeda de España e das súas colonias.[4]

A sede do Museo Casa de la Moneda, no nº 36 da rúa Doctor Esquerdo.

O núcleo inicial do museo foi unha colección de debuxos, gravados, libros antigos, moedas e medallas feitas por Prieto para axudar no ensino ao seu alumnado. Este xermolo da colección foi adquirido por Carlos III, quen o ampliou con novas compras e doazóns.[4]

En 1867, durante o reinado de Isabel II, espúxose por vez primeira ao público a colección orixinal do Museo da Casa da Moeda, no antigo edificio de ceca madrileña na praza de Colón. A exposición acadou a condición de permanente e mantívose alí ata 1964, cando se trasladou á localización actual na rúa Doctor Esquerdo.[4]

A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre foi fundada en 1893 logo da fusión de dúas entidades: a Casa da Moeda e a Fábrica de Selos. Desde 1861, ambas as institucións compartiran o mesmo edificio na praza de Colón, malia seren independentes e teren administracións separadas.[4][5]

Colección e exposicións

[editar | editar a fonte]
Prensa monetaria exposta no Museo Casa de la Moneda (copia dun orixinal do século XVI).

A colección numismática do Museo Casa de la Moneda parte desde as orixes da moeda, pasando polas cuñaxes da antiga Grecia, da antiga Roma e da antiga Iberia, da Idade Media, dos Reis Católicos, da Casa de Austria e da Casa de Borbón. Inclúense tamén dúas dalas con moedas desde o século XIX ata o século XXI.[6][7]

Así mesmo, o museo dispón de salas dedicadas á medalla, ás artes gráficas, ao papel selado, á lotaría e á filatelia, e algúns exemplos de maquinaria de cuñaxe e de verificación da autenticidade de billetes.[6][7]

En paralelo á exposición permanente, o museo ofrece tamén exposicións temáticas de carácter temporal.[8]

  1. "Información al visitante". Museocasadelamoneda.es
  2. Martínez Gallego, J. M. "Rafael Feria, director del Museo Casa de la Moneda: “Es el museo monetario más grande del mundo entre los dependientes de una casa de moneda o banco central” Arquivado 24 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". Crónica Numismática.
  3. "Relación de concesiones medalla premio "Excelente al Mérito Numismático". Asociación Numismática Española (Numisane.org).
  4. 1 2 3 4 "Historia del Museo". Museocasadelamoneda.es
  5. "Información Institucional: Mirada histórica". Fnmt.es
  6. 1 2 "Exposición permanente". Museocasadelamoneda.es
  7. 1 2 "Museo". Museocasadelamoneda.es
  8. "Exposiciones temporales". Museocasadelamoneda.es

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]