Paseo del Prado
Coordenadas: 40°24′51″N 3°41′37″O / 40.414061, -3.693688
O Paseo del Prado é o xardín histórico urbano máis antigo de Madrid, declarado Ben de interese cultural e un dos seus paseos máis importantes e coñecidos. Articúlase segundo un eixe norte-sur, dende a Praza de Cibeles ata a Praza do Emperador Carlos V, popularmente coñecida como Glorieta de Atocha. A metade do seu percorrido conflúe coa Praza da Lealtad e coa Praza de Cánovas del Castillo, onde se sitúa a fonte de Neptuno.
Xunto cos paseos da Castellana e Recoletos, que se estenden ao norte, conforma un dos principais eixes viarios da cidade, ao conectar a zona setentrional desta coa meridional.
No terreo cultural, o Paseo del Prado alberga un dos principais focos museísticos de España. Nel sitúanse os museos do Prado e Thyssen-Bornemisza e nas súas inmediacións áchase o Centro de Arte Raíña Sofía, promovidos turisticamente baixo a denominación de Paseo ou Triángulo da Arte.
Neste paseo tamén se encontran diferentes monumentos e recintos de interese histórico-artístico, levantados no século XVIII dentro do proxecto urbanístico do Salón do Prado, ademais de numerosos motivos ornamentais e paisaxísticos. Destacan o Edificio Villanueva, sede principal do Museo do Prado, o Real Xardín Botánico e os conxuntos escultóricos das fontes de Neptuno, Cibeles e Apolo.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Pintura de 1637, de Jusepe Leonardo
Edificio Villanueva do Museo do Prado
Puerta Real do Xardín Botánico, obra de Francesco Sabatini
Xardín vertical do centro CaixaForum Madrid
Edificio do Banco de España
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paseo del Prado ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Un percorrido virtual pola historia do «Paseo do Prado e Retiro» para conquistar a Unesco (en castelán)
|